Idiomas

Máis de medio centenar de alumnos do IES Perdouro de Burela viaxan a Cerceda para coñecer o complexo medioambiental de Sogama

Print this pagePrint this pagePrint this page

•Visitaron onte as instalacións desta empresa pública acompañados polos seus profesores e un pequeno grupo de estudantes franceses que forman parte dun programa de intercambio educativo.

•Tras recibir as oportunas explicacións a cargo de educadores e persoal técnico ao servizo de Sogama, realizaron un percorrido guiado polas distintas plantas que conforman a infraestrutura central desta empresa pública, comprobando o itinerario que seguen os envases lixeiros (contedor amarelo) e o lixo convencional (contedor verde Xenérico).

•Dada a gran responsabilidade que a cidadanía ten na correcta xestión dos residuos urbanos, os monitores insistiron especialmente no principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) como soporte fundamental da mesma.

Cerceda, a 25 de febreiro de 2014.- Máis de medio centenar de alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Perdouro de Burela, na provincia de Lugo, desprazáronse onte ao municipio coruñés de Cerceda para visitar o Complexo Medioambiental de Sogama e coñecer de primeira man a actividade desenvolvida no mesmo.

EXPLICACIÓNS E ITINERARIO GUIADO

Acompañados polos seus profesores e un pequeno grupo de estudantes franceses que forman parte dun programa de intercambio educativo, os escolares recibiron as oportunas explicacións por parte de educadores e técnicos ao servizo de Sogama, e acto seguido realizaron un percorrido guiado polas principais instalacións que configuran a infraestrutura central desta empresa pública.

A primeira parada tivo lugar na planta de clasificación de envases lixeiros, onde se recepcionan os materiais recollidos nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks) para ser separados por tipoloxías, utilizando para isto mecanismos tales como lectores ópticos, campás aspiradoras, electroimáns e correntes de Foucault.

Unha vez prensados e embalados, envíanse aos centros recicladores para ser transformados en novos produtos e reincorporados ao comercio cunha nova vida.

O itinerario completouse co circuíto que segue o lixo convencional, recollido a través dos contedores verdes xenéricos, desde que se recepciona na planta de Sogama ata que acaba convertido en enerxía eléctrica, previa recuperación dos materiais susceptibles de ser reciclados. É o caso do aceiro, aluminio, aceiro residual (aquel que pola súa composición e tamaño non pode ser seleccionado polos sistemas magnéticos) e o vidro.

Neste sentido cabe sinalar que, por primeira vez na súa historia, a Sociedade iniciou a recuperación do vidro contido nos residuos en masa, prevendo a evacuación de 15.000 toneladas anuais, ás que habería que engadir as acumuladas durante todos estes anos no depósito de inertes. Con esta actuación, a empresa contribuirá a incrementar nun 80 por cento o reciclado deste material en Galicia.

Así mesmo, explicóuselles os exhaustivos e eficaces sistemas de depuración de gases xerados no complexo medioambiental, garantindo que as emisións á atmosfera estean moi por baixo dos límites legais e que, polo tanto, a actividade industrial de Sogama resulte absolutamente respectuosa co medio ambiente e a saúde das persoas.

O PRINCIPIO DOS TRES ERRES, SEMPRE PRESENTE

Os monitores insistiron especialmente no principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) como soporte fundamental en todo sistema de xestión de residuos urbanos, e a colaboración cidadá como peza fundamental no mesmo, xa que sen a implicación desta, o proceso féndese.

De cara á redución de refugallos, fíxose alusión ás pautas de consumo responsable e á reciclaxe da materia orgánica en orixe, posibilitada a través da compostaxe doméstica. Aquí cabería reseñar que Burela, como concello integrante da Mancomunidade da Mariña lucense, será un dos entes locais que procederá á implantación, da man de Sogama, da autocompostaxe en determinadas vivendas do rural, obtendo os correspondentes beneficios ambientais, económicos e sociais.

Saúdos, Departamento de Comunicación

25 Feb 2014

Galería