Idiomas

A reciclaxe de envases de aluminio alcanzou en España as 5.642 toneladas en 2021

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta cifra representa o 56,1% da taxa de reciclaxe do total de envases destas características postos no mercado e supón 4 puntos máis que en 2020
  • Incrementáronse substancialmente os envases recuperados en recollidas selectivas fóra do fogar

Cerceda, a 4 de agosto de 2022.- En 2021, recicláronse en España 75.642 toneladas de envases de aluminio a través de distintos fluxos como son as plantas de selección, as plantas de Residuos  Urbanos, as recollidas selectivas fóra do fogar e os recuperadores de residuos. Esta cifra representa o 56,1% do total de envases de aluminio postos no mercado e supón un incremento de 4 puntos respecto ao ano anterior, cando a taxa de reciclado alcanzou o 52,1%.

A vía que experimentou unha maior subida foi a das recollidas selectivas fóra do fogar (oficinas, eventos tipo concertos, festivais, etc.), superando o 50%. A taxa de valorización destes envases posiciónase así no 57,6%.

Grazas ao esforzo dos cidadáns que cada día colaboran no sistema depositando os seus envases de aluminio no contedor amarelo e á optimización das plantas de selección, o noso país xa alcanzou o obxectivo do 50% de reciclado establecido pola normativa europea para 2025.

ESTUDO ANUAL

Cada ano, ARPAL realiza un estudo para obter información sobre as cantidades de envases de aluminio recuperadas en plantas de xestión de residuos, que en 2021 sumaron 5.868 toneladas. Estes datos complementan os achegados por ECOEMBES (os envases de aluminio recuperados a través do contedor amarelo, de plantas de residuos e compostaxe e de recollidas selectivas fóra do fogar) e intégranse conxuntamente na publicación elaborada por ARPAL e que conta coa colaboración da Federación Española da Recuperación (FER).

VANTAXES DO ALUMINIO RECICLADO

O principal obxectivo de ARPAL é promover a recollida selectiva dos envases de aluminio a través do contedor amarelo e para isto tece alianzas en todo o territorio nacional, moitas delas con entidades de inserción social, a fin de desenvolver un gran número de proxectos, á vez que coopera con entidades educativas para difundir as vantaxes da reciclaxe deste material.

Todo o aluminio que se recupera, recíclase, constituíndo unha excelente materia prima para volver a fabricar produtos con este metal, xa que no proceso de reciclaxe non cambian as súas propiedades. De feito, o 75% de todo o aluminio que se fabricou desde hai 100 anos atópase actualmente en uso e transformado en diversos produtos grazas á reciclaxe

Outra vantaxe do reciclado de aluminio é o aforro do 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral.

Máis información: www.aluminio.org

Fonte: ARPAL

Imaxe: Pexels

4 Ago 2022

Galería