Idiomas

Sogama pecha o 2013 con 3.000 visitas recibidas nas súas instalacións

Print this pagePrint this pagePrint this page

•De entre todos os colectivos que se achegaron á súa infraestrutura industrial, cabería destacar en maior medida o público escolar, cun 55,43 por cento, seguido polo ámbito universitario, cun 18,48 por cento, os concellos, cun 9,78 por cento, e outros sectores sociais, cun 16,3 por cento.

•O protocolo a seguir, sempre adaptado ao perfil dos visitantes, réxese en todos os casos polo mesmo esquema de base: explicacións previas a cargo de educadores medioambientais, percorrido guiado e coloquio.

•Por provincias, a maior parte dos grupos procedían, por razóns de proximidade, do área da Coruña (51,06 por cento), seguida pola provincia de Lugo (18,09 por cento), Pontevedra (15,96 por cento) e Ourense (7,45 por cento).

•Desde o inicio da súa actividade, case 59.000 persoas pasaron polas instalacións de Sogama.

Cerceda, a 7 de xaneiro de 2014.- Sogama pechou o ano 2013 con 3.000 visitas ás súas instalacións, unha boa cifra tendo en conta o actual contexto de crise económica, toda vez que son os propios colectivos os que deben sufragar o transporte ata a súa infraestrutura industrial.

De entre todos os grupos que se achegaron á mesma, cabería destacar en maior medida o público escolar, cun 55,43 por cento, seguido polo ámbito universitario, cun 18,48 por cento, os concellos, cun 9,78 por cento, e outros sectores sociais, cun 16,3 por cento.

PROTOCOLO A SEGUIR
O protocolo a seguir, aínda que adaptado ao perfil dos visitantes, réxese polo mesmo esquema de base en todos os casos, dando comezo coas explicacións previas a cargo de educadores medioambientais, seguindo co percorrido guiado polas instalacións para ver de cerca o funcionamento das mesmas (planta de clasificación de envases lixeiros, onde se seleccionan os envases de plástico, latas e briks depositados pola cidadanía nos contedores amarelos, e instalacións polas que discorre o residuo convencional, acollendo estas as seguintes fases: separación da parte reciclable -aceiro, aluminio, aceiro residual e vidro- separación das fraccións grosa e fina, secado desta última coa enerxía procedente da planta de coxeración e valorización enerxética do combustible derivado de residuos na planta termoeléctrica para producir electricidade), concluíndo co tempo de coloquio, resolución de dúbidas e entrega de material divulgativo e merchandising.

Por provincias, a maior parte dos grupos procedían, por razóns de proximidade, da área da Coruña (51,06 por cento), seguida pola provincia de Lugo (18,09 por cento), Pontevedra (15,96 por cento) e Ourense (7,45 por cento). A porcentaxe restante corresponde a localidades emprazadas fóra da comunidade autónoma galega.

A Sociedade inicia o 2014 coa pretensión de manter e ata superar estas cifras, facendo posible que cada vez sexan máis os cidadáns que visiten as súas instalacións para coñecer de cerca a actividade desenvolvida nas mesmas, o que sen dúbida lles axudará a comprendela e ata a compartila. De feito, desde a posta en marcha do programa de visitas, pola súa infraestrutura pasaron case 59.000 persoas.

O proceso para xestionar unha visita a Sogama é moi sinxelo: ben mediante reserva telefónica, a través do Departamento de Comunicación, ou ben cubrindo un formulario en liña a disposición dos internautas na súa páxina web http://www.sogama.gal/gl/info/visitas-instalacions.

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Xan 2014

Galería