Idiomas

A taxa de reciclaxe de latas de bebidas en 2021 en situou en España por encima do 72%

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Ademais de producirse un incremento do 17% recuperado a través da recollida selectiva, tamén aumentou de forma significativa a recuperación de latas mediante a non selectiva grazas ás melloras nas correntes de Foucault nas plantas de tratamento

Cerceda, a 29 de setembro de 2022.- A Asociación de Latas de Bebidas (ALB) estima que a taxa de reciclaxe do conxunto destes envases en España situouse por riba do 72% en 2021.

A entidade realizou este cálculo seguindo a nova e esixente metodoloxía de cómputo da lexislación europea, que busca garantir a unificación de criterios e a comparabilidade das taxas de reciclaxe entre países e materiais de envase. Baixo estes mesmos principios, a taxa de reciclaxe de latas de bebidas de aluminio alcanza o 67%.

Así, produciuse un incremento do 17% na tonelaxe de latas recuperado pola vía selectiva, tanto do contedor amarelo como das recollidas no ámbito privado (aeroportos, festivais, hospitais, etc.), o que indica un aumento da sensibilización e do compromiso cidadán respecto da correcta clasificación dos residuos.

Tamén aumentou de forma significativa a recuperación de latas por vías non selectivas grazas ás melloras nas correntes de Foucault nas plantas de tratamento, que rescatan algúns dos envases de aluminio indebidamente depositados no contedor de resto, evitando así que acaben en vertedoiro.

En 2021, o consumo de latas de bebidas en España creceu un 5,3%. Así mesmo, a venda de bebidas refrescantes, deportivas e enerxéticas enlatadas aumentou un 14%, a cervexa en lata mantivo a súa excelente posición no mercado e a auga envasada en lata multiplicou por cinco as vendas de 2020.

Segundo un estudo sociolóxico elaborado por Catchment para Ecoembes ao redor da xestión dos residuos no fogar, o 57,2% dos enquisados afirmaba depositar sempre a lata de bebidas no contedor amarelo. Ademais, o 82,9% declaraba ter varios cubos, bolsas ou espazos nos seus fogares destinados a separar os residuos para a súa posterior reciclaxe.

Este crecente hábito de separar as latas de bebidas para depositalas no contedor amarelo garante a súa reciclabilidade e que ese metal se volva a usar na produción de novas latas ou outros produtos, aforrando un 95% da enerxía necesaria para fabricalos, en comparación co uso de materias primas virxes.

Fonte: Residuos Profesional

Imaxe: Pixabay

29 Set 2022

Galería