Idiomas

A UE súmase á Coalición de alta ambición para poñer fin á contaminación por plásticos en 2040

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Nas negociacións, que comezan hoxe en Uruguai, agardando que finalicen en 2025, impulsará un instrumento xuridicamente vinculante co que se garantirá unha acción urxente, á vez que aplica un enfoque circular aos plásticos

Cerceda, a 28 de novembro de 2022.- A UE sumouse á Coalición de alta ambición coa pretensión de poñer fin á contaminación por plásticos para 2040.  Nas negociacións, impulsará un instrumento xuridicamente vinculante co que se garantirá unha acción urxente, á vez que aplica un enfoque circular aos plásticos.

A High Ambition Coalition, copresidida por Noruega e Ruanda, reúne a países que avogan por obxectivos ambiciosos para facer fronte á crecente cantidade de refugallos plásticos que asfixian ao noso planeta. As negociacións sobre o novo tratado comezan hoxe, 28 de novembro, en Uruguai, e agárdase que finalicen en 2025.

Se ben os plásticos son materiais importantes para a nosa economía e vida cotiá, o seu crecemento exponencial nas últimas décadas ten graves efectos negativos sobre o medio ambiente e a saúde humana. Dos sete mil millóns de toneladas de refugallos plásticos xerados a nivel mundial ata o de agora, menos do 10% se reciclou.

A comunidade global logrou un gran fito durante a quinta sesión da Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente en marzo de 2022, cando os países acordaron iniciar negociacións para o novo instrumento xuridicamente vinculante. A UE e os seus Estados membros cren que o novo instrumento debería incluír as obrigacións necesarias que permitan aos países intensificar as accións para evitar que os plásticos entren no medio ambiente. Un enfoque circular que analice todo o ciclo de vida dos plásticos será clave para o cambio necesario.

MEMBROS E CONTEXTO

Os membros da Coalición esténdense a todas as rexións do mundo e case un terzo dos Estados membros da ONU. Ademais da Unión Europea, os países que, ata a data, comprometéronse a unirse á coalición son Ruanda, Noruega, Canadá, Perú, Alemaña, Senegal, Xeorxia, República de Corea, Reino Unido, Suíza, Portugal, Chile, Dinamarca, Finlandia, Suecia, Costa Rica, Islandia, Ecuador, Francia, República Dominicana, Uruguai, Ghana, Mónaco, Eslovenia, Emiratos Árabes Unidos, República de Irlanda, Seychelles, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Cabo Verde, Burkina Faso, Australia, Acerbaixán e Colombia.

A UE está a tomar medidas para abordar a contaminación por plásticos e o lixo mariño e acelerar a transición cara a unha economía de plásticos circular e eficiente no uso dos recursos en Europa. Aplícanse regras e obxectivos específicos a certas áreas, incluídos os plásticos dun só uso, os envases de plástico, os microplásticos e, pronto, os plásticos biodegradables e compostables de base biolóxica.

Fonte e imaxe: Comisión Europea

28 Nov 2022

Galería