SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Unha Xornada hispano-alemá sobre Bioenerxía dará a coñecer a situación actual do sector da biomasa e o biogás en ambos os dous países

Print this pagePrint this pagePrint this page

O evento, promovido pola Cámara de Comercio Alemá para España, xunto co Ministerio Alemán de Economía e Tecnoloxía, terá lugar o próximo 24 de novembro en Madrid.

Ao mesmo están convidados expertos, empresas e asociacións profesionais do sector, así como xestores de residuos e responsables da Administración pública.

A xornada complementarase cunha serie de encontros bilaterais, a celebrar os días 25, 26 e 27, entre sete empresas alemás de alto nivel e diversas entidades españolas interesadas, abrindo a porta a posibles relacións comerciais.

Cerceda, a 18 de novembro de 2009. - Unha xornada hispano-alemá sobre bioenerxía, a celebrar en Madrid o próximo 24 de novembro, dará a coñecer a situación actual do biogás e da biomasa (térmica e eléctrica), en ambos os dous países.

O obxectivo desta iniciativa, na que participarán entidades españolas tales como o Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), o Instituto de Competencia en Biogás e Bioenerxía IBBK, o Instituto Tecnolóxico AINIA, a Asociación de Biogás AEBIG e a Asociación de Valoración Enerxética da Biomasa AVEBIOM, ademais de representantes do Centro Alemán de Investigación de Biomasa DBFZ, é o de proporcionar información sobre os aspectos tecnolóxicos, comerciais e lexislativos no ámbito da bioenerxía, afondando na valorización da biomasa e do biogás a partir de residuos agrícolas, forestais, hortícolas e agroalimentarios.

A este evento están invitados, entre outros, expertos, empresas e profesionais do sector, ademais de produtores e xestores de residuos urbanos, e responsables da Administración pública.

Como valor engadido, cabería sinalar que, durante os días 25, 26 e 27, unha delegación de sete empresas xermanas con experiencia e mercado nestas áreas de actividade, manterán encontros bilaterais con compañías españolas a fin de intercambiar experiencias e coñecementos, abrindo a porta a posibles relacións comerciais.

A xornada, que será inaugurada polo Conselleiro de Agricultura e Medio Ambiente da Embaixada da República Federal de Alemania en España, Christian Bobbert, está promovida pola Cámara de Comercio Alemá para España, xunto co Ministerio Alemán de Economía e Tecnoloxía.

COMETIDO DA CÁMARA DE COMERCIO ALEMÁ PARA ESPAÑA

Con sede en Madrid dende 1917 (dispoñendo dunha delegación en Barcelona), esta Cámara configúrase como unha asociación integrada por compañías alemás e españolas, cuxo cometido se centra principalmente en labores de consultoría de comercio exterior en múltiples sectores, erixíndose tamén en representante oficial da economía alemá. A día de hoxe dispón de 120 oficinas en 80 países e conta cun total de 1.100 socios.

Entre as actividades que leva a cabo podería mencionarse as propias de asesoría e xestoría legal e fiscal, a promoción comercial, estudos e análise de mercado, formación de recursos humanos e actuacións de comunicación social.

Para máis información http://www.ahk.es/

Saúdos, Departamento de Comunicación

18 Nov 2009

Galería