- Pola súa banda, as actividades relacionadas coas augas residuais e a protección dos recursos hídricos rexistran algúns dos maiores crecementos da última década
Cerceda, 9 de xuño de 2026.- Segundo os últimos datos de Eurostat, as actividades ambientais xeraron 5,8 millóns de empregos a tempo completo en 2023, logo de crecer unha media do 6% anual desde 2014.
En concreto, a xestión de residuos, con preto de 900.000 traballadores a tempo completo, consolidouse en 2023 como a principal actividade xeradora de emprego ambiental na Unión Europea, representando o 16% do total, coa particularidade de que, desde 2014, rexistrou un crecemento do 30%, o que reflicte a importancia, cada vez maior, da economía circular, a reciclaxe e a valorización de recursos nas políticas comunitarias.
As actividades relacionadas coa auga tamén mostran unha evolución salientable durante a última década. De feito, a xestión de augas residuais aumentou o seu volume de emprego un 38% desde 2014, acadando ao redor de 500.000 traballadores equivalentes a tempo completo en 2023.
Pola súa banda, as actividades destinadas á protección de solos, augas superficiais e augas subterráneas rexistraron un dos maiores incrementos de toda a economía ambiental europea, cun incremento do 60% durante o mesmo período.
A evolución do emprego mostra como determinados sectores -xestión de residuos, tratamento de augas residuais e protección de recursos hídricos-, están a consolidarse como piares fundamentais da economía verde europea, contribuíndo tanto á sostibilidade ambiental como ao crecemento económico e o emprego.
Fonte: Eurostat