Published on Sogama (https://www.sogama.gal)

Inicio > Campañas, programas e cursos > Programa de visitas a Sogama

Visitas ás instalacións (Programa suspendido temporalmente debido á pandemia do COVID-19)

A Sociedade Galega do Medio Ambiente mantén unha política de "portas abertas" a fin de potenciar que os distintos colectivos sociais poidan coñecer de cerca a súa labor e participen activamente nos distintos programas de educación e concienciación ambiental promovidos pola entidade.

O programa de visitas, polo que xa pasaron máis de 75.000 persoas, supón para SOGAMA unha grande oportunidade á hora de recoller as achegas, inquietudes e preocupacións dos distintos colectivos en torno á xestión dos residuos urbanos e medio ambiente en xeral, información que redundará, sen lugar a dúbida, na optimización e mellora dos procesos de xestión, medios empregados e campañas de sensibilización.

Coa fin de que os grupos escolares interesados en facer un percorrido guiado polas instalacións de Sogama poidan preparar previamente a visita nas aulas, Sogama deseñou unha serie de unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos: Primaria, ESO e Bacharelato.

  • Guía didáctica Educación Primaria - 6 a 9 anos [1]
  • Guía didáctica Educación Primaria - 10 a 12 anos [2]
  • Guía didáctica Educación Secundaria - 12 a 16 anos [3]
AnexoTamaño
PDF icon Descrición do programa de visita [4]99.95 KB
Facebook Twitter


Source URL: https://www.sogama.gal/gl/info/visitas-instalacions

Ligazóns
[1] http://www.sogama.gal/sites/default/files/users/1/guia_Primaria_pequenos.pdf
[2] http://www.sogama.gal/sites/default/files/users/1/guia_Primaria_maiores.pdf
[3] http://www.sogama.gal/sites/default/files/users/1/guia_ESO.pdf
[4] https://www.sogama.gal/sites/default/files/7203_visitas-instalacions.pdf