Published on Sogama (https://www.sogama.gal)

Inicio > Campañas, programas e cursos > Campañas de Sensibilización

Reduce Residuos: Aforra Recursos

Reduce Residuos: Aforra Recursos. É o noso Reto, é a nosa Responsabilidade
Con pequenos xestos diarios, podemos contribuír, entre todos, a minimizar a xeración de residuos urbanos. Con isto lograremos, non só importantes beneficios ambientais, senón tamén económicos e sociais. A seguir, detallamos uns sinxelos consellos cos que reducir a produción de residuos, tanto na compra, apostando por un consumo responsable, como na oficina e centros educativos, así como no propio fogar.
[1] Á hora de elixir un produto, ten en conta a súa calidade e durabilidade, así como os residuos que xeran as diferentes opcións de comercialización do mesmo.
[2] Compra os alimentos tendo en conta a súa caducidade. Planifica o teu consumo.
Reduce Residuos: Aforra Recursos. É o noso Reto, é a nosa Responsabilidade [pdf] [3]
Na compra, non compres residuos
[4] Intenta adquirir artigos que estean minimamente envoltos. Á hora de escoller entre produtos semellantes, elixe o que teña menos envases e embalaxes.
[5] Non esquezas levar o teu carro da compra ou a bolsa de lona ou tela de toda a vida, evitando así utilizar unha nova bolsa de plástico cada vez. Rexeita as bolsas que non necesites, aínda que insistan en regalarchas.
[6] Solicítalle ao dependente/a que non envolva e empaquete os produtos que compraras, a non ser que sexa imprescindible.
[7] Procura comprar artigos que poidan volver utilizarse. Lembra que os de usar e tirar incrementan a cantidade de residuos.
[8] Promove o uso de produtos que veñan en recipientes que poidan volver a encherse.
[9] Rexeita os consumibles (froitas, carnes, verduras) envasados en bandexas de plástico.
[10] Ten por costume adquirir artigos por xunto, sen empaquetar. Pensa que o envoltorio non forma parte do produto que adquirimos e que acaba por converterse nun residuo do que nos desprendemos inmediatamente.
[11] Nas bebidas e líquidos, opta por envases grandes, e se son retornables, mellor. As botellas, frascos e tarros de vidro son unha magnífica opción (o vidro é 100% reciclable).
[12] Lembra que comprar en grandes cantidades non só é máis barato, senón que tamén permite reducir a cantidade de embalaxes. Ten en conta que os produtos en tarro familiar xeran menos residuos por unidade.
[13] Antes de realizar a compra, fai a lista do que necesites. Deféndete ante as estratexias de venda das grandes superficies (ofertas tentadoras, compras impulsivas, etc).
Na oficina e centros educativos
[14] Non desaproveites o papel. Usa sempre as dúas caras das follas e reutiliza as impresas por un lado para borradores, tarefas, comunicación informal, etc.
[15] Dalle preferencia aos materiais con recambio. É un xeito eficaz de reducir, máis ecolóxico e económico que a utilización de materiais dun único uso.
[16] Os papeis de imposible ou difícil reciclaxe (plastificados, encerados,...) só deberías empregalos cando non exista outra posibilidade menos impactante.
[17] Usa papel reciclado sempre que poidas. Isto aumentará a súa demanda contribuíndo á súa maior produción e, en consecuencia, á preservación de recursos naturais.
[18] Utiliza o teu propio vaso ou taza e evita o uso de produtos de usar e tirar.
No fogar
[19] Usa trapos de cociña en troques de rolos de papel, e utiliza panos de algodón en troques de panos de papel.
[20] Cos restos das comidas e un pouco de imaxinación, podemos preparar atractivos menús, evitando que acaben no cubo do lixo.
[21] Adquire pilas recargables en lugar das convencionais.
[22] Respecto das cosas que xa non usen os membros da unidade familiar, debemos procurar que alguén as reciba. Lembra que con moi pouco podes facer máis fácil a vida doutros.
Facebook Twitter


Source URL: https://www.sogama.gal/gl/info/reduce-residuos-aforra-recursos#comment-0

Ligazóns
[1] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello11.jpg
[2] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello12.jpg
[3] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/consellos-reducion-ga.pdf
[4] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello1.jpg
[5] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello2.jpg
[6] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello3.jpg
[7] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello4.jpg
[8] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello5.jpg
[9] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello6.jpg
[10] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello7.jpg
[11] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello8.jpg
[12] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello9.jpg
[13] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello10.jpg
[14] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello13.jpg
[15] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello15.jpg
[16] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello17.jpg
[17] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello14.jpg
[18] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello16.jpg
[19] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello18.jpg
[20] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello20.jpg
[21] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello19.jpg
[22] https://www.sogama.gal/sites/default/files/users/3/fotospequenas/fotosgrandes/consello21.jpg