


A través destes espazos radiofónicos, Sogama pretende informar acerca dos aspectos máis importantes a ter en conta polo cidadanía para levar a cabo unha correcta xestión dos residuos urbanos, facendo fincapé no problema que na actualidade representa a súa elevada produción, así como a necesidade de aplicar o principio das tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), insistindo ao mesmo tempo na filosofía e actividade industrial desta Sociedade pública e os pormenores do plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020.