Idiomas

Dibbiopack

Print this pagePrint this pagePrint this page

DibbiopackSogama, xunto con outros socios de doce países, participou nun proxecto europeo para o desenvolvemento de envases intelixentes e sostibles que poderán atoparse dentro duns anos nos sectores da alimentación, o farmacéutico ou o da cosmética, reunindo unha serie de características tales como o estar desenvolvidos con biomateriais (biodegradables e de orixe renovable), dispoñer de mellores propiedades térmicas, mecánicas e de barreira a través da nanotecnoloxía e revestimentos innovadores que incrementen a vida útil do produto envasado, ademais da súa seguridade e calidade, ser fabricados con procesos produtivos máis flexibles e eficaces, e integrar tecnoloxías e dispositivos para proporcionar información ao consumidor, tanto do produto en si como de todo o ciclo de vida do envase.

Seventh Framework ProgrammeO proxecto, denominado DIBBIOPACK (Development of Injection and Blow Extrusion Molded Biodegradable and Multifunctional Packages by Nanotechnology: Improvement of Structural and Barrier Properties, Smart Features and Sustainability), estivo liderado polo centro tecnolóxico aragonés Aitiip e contou cun orzamento de case 8 millóns de euros, dos cales a Unión Europea, dentro do Sétimo Programa Marco, aportou preto de 6, obtendo España un retorno do 29,3 por cento, é dicir, 1.670.336 euros.

A iniciativa, que arrancou o 1 de marzo de 2012, sendo presentada en Zaragoza o día 14 dese mesmo mes, tivo unha duración de 4 anos. Na mesma participaron 19 socios de 12 países (Beneficiarios). Mentres que 5 eran españois (Fundación Aitiip, Avanzar Innovación Tecnológica, S.L, Condensia Química, S.A e Nutreco Servicios, S.A, ademais de Sogama), 3 pertencían a Italia, 2 a Eslovenia, e 9 aos seguintes Estados: Antiga República Yugoslava de Macedonia, Romanía, Alemaña, Grecia, Bélxica, Holanda, Irlanda, Francia e Reino Unido (1 por país).

LABOR DE SOGAMA

O cometido da Sociedade Galega do Medio Ambiente centrouse en aportar o seu punto de vista como xestor de residuos durante o desenvolvemento dos novos envases, optimizando a xestión dos mesmos unha vez convertidos en residuos. Para isto encargouse de elaborar unha serie de recomendacións  en torno á selección dos materiais que compoñerán os envases, responsabilizándose de efectuar un estudo que proporcione unha visión xeral dos diferentes sistemas de xestión de residuos existentes en Europa, establecendo os máis idóneos para estes envases baixo criterios de sostibilidade.

RESULTADOS ESPERADOS

Espérase que os resultados deste proxecto e o impacto máximo alcanzado a través dunha ampla gama de tecnoloxías utilizadas leve á industria europea do envasado a un nivel superior.

Para máis información, http://www.aitiip.com

Galería