Idiomas

Res2ValHum

Print this pagePrint this pagePrint this page

O proxecto Res2ValHum “Valorización de residuos orgánicos: produción de sustancias húmicas”, enmarcado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, ten por obxecto promover a compostaxe industrial como ferramenta de xestión de residuos orgánicos, poñendo en valor a utilización do compost resultante en aplicacións diversas, coa conseguinte redución da cantidade de refugallos depositados en vertedoiro.

En todo caso, a pretensión desta iniciativa é transformar os residuos orgánicos en materia prima para a elaboración de fertilizantes biolóxicos de alta calidade e remediación de solos contaminados, ademais doutros posibles usos vinculados á cosmética e accións terapéuticas, xerando produtos de gran valor engadido que poderían abrir a porta igualmente a novas áreas de negocio e emprego.

Liderado pola Universidade do Minho (Portugal), o proxecto conta con outros tres socios portugueses: LIPOR (Servizo Intermunicipalizado de Xestión de Residuos de Grande Porto), CVR (Centro para a Valorización de Residuos) e BRAVAL (Valorización e Tratamento de Residuos Sólidos, S.A), e tres galegos: SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), USC (Universidade de Santiago de Compostela) e CVAN (Centro de Valorización Ambiental do Norte, S.L).

Cun orzamento asignado de 2.108.235,31 euros, este proxecto de cooperación  estará vixente ata finais de 2019.

Máis información en www.res2valhum.org/gal-es

Workshop sobre compostaxe. Vigo, 25 de outubro de 2018

Workshop sobre compostaxe celebrado no Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda o 4 de xullo de 2019

Xogo "Apúntate á compostaxe"

Xogo Compostaxe

Contenidos formativos sobre gestión de residuos y compostaje

<br />
2º Workshop Res2ValHum » El compostaje a escala local: compartiendo experiencias

Galería