Só durante a Semana do Medio Ambiente, celebrada do 1 ao 5 de xuño, o número de visitantes superou os 200, alcanzando a finais de mes o medio millar.
Máis alá das dúbidas frecuentes sobre o proceso de xestión de residuos urbanos, os colectivos veciñais mostraron interese en coñecer a situación laboral dos traballadores/as que prestan os seus servizos no Complexo Medioambiental de Cerceda, así como a repercusión que, en materia de xeración de emprego, esta infraestrutura industrial tivo na propia localidade.