Actualidade
- A través da valorización de residuos e a súa conversión en recursos, a entidade pública aspira a ser un actor relevante na transformación de Galicia cara a unha economía próspera, moderna, competitiva, descarbonizada e respectuosa co medio ambiente, que preserve ao mesmo tempo a saúde dos cidadáns e que mellore o seu benestar e calidade de vida
- O seu marco de referencia son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, o Acordo de París, o Pacto Verde Europeo e, por suposto, a normativa europea, estatal e autonómica que rexe a súa actividade
- Así se pronunciou o presidente executivo desta empresa pública, Javier Domínguez, durante a súa intervención no acto de peche do proxecto Ecoval-Sudoe, liderado en España por Cetaqua
- Durante a súa alocución, repasou os fitos máis relevantes durante os 30 anos de actividade de Sogama: desde a súa creación, en 1992, como empresa pública de tratamento de residuos, ata o día de hoxe, momento no que aspira a converterse nunha empresa xeradora de recursos
- O delegado territorial incidiu no consumo racional, consciente e responsable, pois constitúe o primeiro elo dunha cadea colaborativa que se afana en minimizar o impacto do residuo sobre a contorna
- Recoñeceu que, aínda que a xestión dos residuos domésticos é unha competencia municipal, a Xunta seguirá ao carón dos concellos para axudarlles a cumprir coas súas obrigas e cos obxectivos marcados a nivel comunitario
Páxinas