- Un día como hoxe, pero hai 26 anos, inaugurábase o Complexo Ambiental de Sogama en Cerceda, contando entón con 71 concellos adheridos. Na actualidade, xa son 304, o 97% do total de Galicia
Cerceda, 20 de xaneiro de 2026.- Un día como hoxe, hai 26 anos, inaugurábase o Complexo Ambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña), unha infraestrutura única que marcaría un antes e un despois na xestión dos residuos urbanos producidos en Galicia. Nese momento, eran 71 os Concellos que utilizaban os servizos desta empresa pública. Na actualidade, xa son 304.
A aposta da Xunta por pechar e clausurar os 300 vertedoiros municipais incontrolados contabilizados na comunidade na década dos 90, foi posible grazas a un sistema, o de Sogama, que naceu como resultado dun estudo científico no que se analizaron as características e particularidades de Galicia en canto a xeografía, orografía, dispersión poboacional, etc, configurando un modelo de xestión ao que actualmente confían os seus refugallos o 97% dos entes locais, dando servizo a máis de 2,3 millóns de habitantes.
Tras 26 anos de operación, Sogama, cuxo Complexo industrial se localiza no municipio de Cerceda, na provincia da Coruña, gañou en eficiencia, prestacións e cobertura, e seguirá comprometida coa mellora continua porque, do mesmo xeito que no 2000, o benestar de Galicia e os galegos é a súa prioridade.
Saúdos, Departamento de Comunicación