- Para ensaiar este sistema, Sogama remitiu á entidade veciñal 5 composteiros, con capacidade para 400 litros, a fin de que outras tantas familias poidan utilizalos e fagan un seguimento do seu rendemento no fogar para comprobar in situ os seus beneficios
Cerceda, 19 de xaneiro de 2026.- A Asociación Veciñal Santomé de Obra, pertencente ao Concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra, mostrou interese en sumarse ao programa de compostaxe doméstica que Sogama lidera en Galicia.
O obxectivo da organización é reciclar a materia orgánica en orixe mediante a súa transformación en compost e que os usuarios poidan utilizalo como fertilizante natural nas súas hortas e xardíns. Apostan así por retomar unha tradición que forma parte do acervo cultural e ambiental do medio rural, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento de animais domésticos ou elaboración de abono, pero dunha forma máis moderna e, sobre todo, máis limpa e cómoda.
Para ensaiar este sistema, Sogama remitiu á entidade veciñal 5 composteiros, con capacidade para 400 litros, a fin de que outras tantas familias poidan utilizalo e fagan un seguimento do seu rendemento no fogar para comprobar in situ os seus beneficios.
Dado que a materia orgánica representa en torno ao 40% dos residuos que conforman unha bolsa de lixo doméstico, se esta porcentaxe se aproveita nas propias vivendas, evítase o seu depósito nos contedores instalados nas vías públicas e, polo tanto, a súa remisión a Sogama, aplicando plenamente o principio de prevención da xeración de refugallos e o principio de proximidade, é dicir, que estes se traten o máis preto posible do lugar de xeración.
A día de hoxe, son 35 as asociacións destas características que se sumaron ao programa de Sogama, ademais de 234 concellos e 221 centros educativos, tendo repartido entre todas elas, e de forma gratuíta, preto de 24.000 composteiros.
Saúdos, Departamento de Comunicación