SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Circular Pack, unha iniciativa orientada a impulsar a circularidade dos envases alimentarios

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Promovida pola Agrupación industrial Foodservice e o Packaging Clúster, co apoio do estudo de ecoinnovación Inédito, creará un decálogo para axudar ás empresas do sector a que se beneficien das oportunidades que ofrecen o  ecodeseño e a economía circular.

Cerceda, a 23 de febreiro de 2021.- A Agrupación industrial Foodservice e o Packaging Clúster, co apoio do estudo de  ecoinnovación Inédito, promoven Circular  Pack, unha iniciativa colaborativa coa que se pretende crear un decálogo de  circularidade dos envases alimentarios para axudar ás empresas da cadea de valor a que se beneficien das oportunidades que ofrecen o  ecodeseño e a economía circular.

Con isto axudarase ás compañías a abordar un dos retos crave do sector como son os residuos de envases alimentarios, adecuándoos ás novas regulacións, como é o caso da directiva de plásticos desbotables.

O decálogo tamén pretende apoiar ás organizacións na xeración de oportunidades de negocio, así como difundir e aumentar os coñecementos sobre o  ecodeseño e os principios da economía circular entre o tecido empresarial, contribuíndo deste xeito a fomentar a reutilización e a reciclabilidade para reducir os refugallos producidos e o consumo de recursos

A iniciativa pretende achegar unha visión do ciclo de vida dos sistemas de envasado, prestando especial atención a aqueles aspectos que afectan á  circularidade dos envases e, máis concretamente, á reciclabilidade., podendo incluír igualmente outros tales como formato, materiais, aplicacións, comunicación ambiental, etc.

Fonte e imaxe:  Packaging Clúster

23 Feb 2021

Galería