- A convocatoria estará aberta ata o próximo 9 de febreiro e poderán participar as partes interesadas, os expertos e os cidadáns de toda Europa
Cerceda, 19 de xaneiro de 2026.- A Comisión Europea lanza unha consulta preliminar para dar forma á Lei Europea do Océano, cuxa adopción está prevista para este mesmo ano, sendo a súa pretensión mellorar a coherencia e a aplicación efectiva da gobernanza marítima na UE e servir de punto de referencia para aglutinar todos os obxectivos económicos, climáticos, ambientais e sociais adoptados a escala europea para protexer e utilizar de maneira sostible os recursos e servizos oceánicos.
A convocatoria estará aberta ata o próximo 9 de febreiro e poderán participar as partes interesadas, os expertos e os cidadáns de toda Europa.
Entre as principais características da Lei do Océano figura a mellora da ordenación do espazo marítimo, a estruturación da gobernanza e a coordinación do Sistema Europeo de Observación dos Océanos, a racionalización das obrigacións de notificación e a redución da carga administrativa nas políticas oceánicas da UE.
Como seguinte paso na preparación da Lei, a Comisión porá en marcha unha consulta pública na primavera. Agárdase que o acto se adopte a finais de 2026, tal como se anunciou no programa de traballo da Comisión.
Fonte e imaxe: Comisión Europea
Saúdos, Departamento de Comunicación