- A través deste galardón, en memoria de Carsten Spohn, recoñece a mozos posgraduados e destacados universitarios, así como a mozos profesionais do sector europeo de xestión de residuos, pola súa excelencia laboral e investigación no eido da valorización enerxética
- O prazo de solicitude está aberto ata o próximo 4 de maio e os gañadores serán gratificados con prácticas de dúas semanas nunha das plantas europeas de valorización enerxética (WtE) participantes
Cerceda, 12 de febreiro de 2026.- A Confederación Europea de Empresas de Valorización Enerxética (CEWEP) convoca unha nova edición do Premio Ignis, en memoria de Carsten Spohn, a través do cal recoñece a mozos posgraduados e destacados estudantes universitarios, así como a mozos profesionais do sector europeo de xestión de residuos, pola súa excelencia laboral e investigación no eido da valorización enerxética.
As candidaturas deben contemplar:
• Un resumo de non máis de 160 palabras.
• A totalidade do traballo de investigación ou publicación relevante dentro do ámbito profesional do solicitante.
• Breve biografía do autor(es).
• Breve explicación de por que a súa publicación cumpre os criterios e a súa relevancia práctica.
Solicitudes e premio
As solicitudes deben enviarse a applications@cewep.eu antes do próximo 4 de maio baixo o título «Solicitude para o Premio Ignis». Os gañadores anunciaranse o 18 de novembro deste ano durante a Cea de Benvida da Conferencia de Residuos de CEWEP en Malinas.
Os candidatos deben ser cidadáns da UE ou estar en posesión dos documentos necesarios para viaxar e traballar dentro da UE. O premio cobre a viaxe ao lugar de prácticas e o aloxamento.
O xurado está formado por membros do mundo académico e de plantas WtE e os criterios de valoración das candidaturas son, entre outros:
• Uso práctico e aplicación
• Nivel de innovación
• Creatividade
• Potencial para un maior desenvolvo
• Comunicación efectiva
• Perspectivas económicas ou lexislativas no sector.
Os premiados serán gratificados cunhas prácticas de dúas semanas nunha das plantas europeas de valorización enerxética (WtE) candidatas, podendo indicar as súas preferencias.
Sobre Carsten Spohn (1969-2022)
Carsten Spohn foi vicepresidente de CEWEP e director xeral de ITAD (Interessengemeinschaft der Thermischen Abfallbehandlungsanlagen en Alemaña), membro alemán de CEWEP. Faleceu inesperadamente o 4 de novembro de 2022 á idade de 53 anos.
Carsten contaba con máis de 25 anos de experiencia no sector da xestión de residuos e foi un dos representantes máis activos de CEWEP durante máis de 15 anos. A nivel europeo, representou a CEWEP como membro dos Grupos de Traballo Técnicos do EIPPCB para a revisión dos BREF sobre Incineración e Tratamento de Residuos.
A nivel alemán, foi, entre outros, membro do Grupo de traballo 3460 da VDI (Asociación de Enxeñeiros Alemáns) – “Control de emisións – Tratamento térmico de residuos” e do grupo de traballo de expertos nacionais KAS25 – Implementación da Directiva Seveso-III (Directiva de accidentes graves) para o sector de residuos.
Pai de tres fillos, comprometeuse a apoiar aos mozos, polo que CEWEP decidiu crear o Premio Carsten Spohn para novos talentos.
Fonte e imaxe: CEWEP