SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Dieta equilibrada e menos comida ao lixo, ingredientes da receta da FAO para unha vida sostible

Print this pagePrint this page
  • A alimentación equilibrada e diversificada constitúe a primeira premisa, resultando esencial coñecer a nosa pegada de carbono para reducir a adquisición daqueles produtos que requiren un maior consumo de recursos naturais, resultando prioritario diminuír o desperdicio alimentario,
  • Ser consumidores críticos representa igualmente unha gran axuda para avanzar cara a un desenvolvemento  máis racional e sostible. Neste sentido, a FAO recorda que convén aprender a ler as etiquetas e non deixarse levar pola publicidade.
  • Comer en compañía e cociñar más na casa tamén axuda a coidar a contorna e a aforrar diñeiro, tendo relacionado os investigadores esta boa práctica con menores taxas de obesidade e trastornos de alimentación na mocidade.

Cerceda, a 10 de setembro de 2019.-   A alimentación equilibrada, rica en verduras, froitas e legumes, constitúe a primeira premisa a ter en conta para gozar dunha vida saudable. A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) recomenda reducir o consumo de almidóns refinados, azucre, sal e graxas en xeral e, en canto  a estas últimas, aconsella optar polas insaturadas, presentes no peixe, nas noces, así como nos aceites de xirasol, soia, nabina e oliva, e limitar as saturadas (carnes graxas, manteiga, etc.).

Coñecer a nosa pegada de carbono resulta esencial para coidar a contorna, pois a produción dalgúns alimentos requiren de moitos recursos naturais, como é o caso da auga. De aí a conveniencia de diversificar a dieta e optar polo consumo de produtos locais, frescos e de tempada, evitar a compra de alimentos con excesivo envase e embalaxe, e diminuír a cantidade de comida que cada día acaba en no cubo do lixo.

Ser consumidores críticos tamén constitúe unha gran axuda para avanzar cara aun desenvolvemento más racional e sostible. Con tal fin, a FAO recorda que convén aprender a ler as etiquetas e non deixarse levar pola publicidade.

Así mesmo, comer en compañía e cociñar máis na casa axuda a coidar o medio ambiente e a aforrar diñeiro, tendo relacionado os investigadores esta boa práctica con menores taxas de obesidade e trastornos de alimentación na mocidade.

TODOS A UNHA

Todos (administracións, empresas e cidadáns) poden contribuír á vida saudable.

As persoas que se dedican á agricultura desempeñan un papel fundamental na subministración de alimentos nutritivos. Os seus coñecementos e prácticas tradicionais son esenciais nun mundo onde a produción de alimentos se enfronta a moitos desafíos, como  é o cambio climático e a limitación dos recursos naturais.

Tamén resultan claves as estratexias das Administracións relacionadas coa nutrición e a alimentación sá, ao igual que as das propias empresas, que deben influír de forma positiva proporcionando e apoiando unha alimentación saudable e asequible para alcanzar a Fame Cero no mundo.

Fonte e imaxe: FAO

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Set 2019

Galería