- Visitaron as instalacións que esta empresa pública ten en Cerceda con fin de ver de preto os seus procesos industriais e constatar así a importancia de separar correctamente os residuos en orixe para contribuír á súa reciclaxe
Cerceda, 23 de xuño de 2026.- Escolares do CPI Armando Cotarelo Valedor, pertencente ao municipio coruñés de Boimorto, e un dos centros participantes no programa Recíclate con Sogama 2025-2026, desprazáronse a Cerceda para coñecer as instalacións desta empresa pública e os seus procesos industriais, pero tamén para reforzar os seus coñecementos ao redor da reciclaxe e poñer a proba a súa bagaxe na correcta separación de residuos e o seu posterior depósito nos diferentes contedores.
Son conscientes de que, para conseguir os beneficios da reciclaxe (aforro de enerxía e materias primas), un paso esencial é que a cidadanía os segregue en orixe por tipos de material e que cada fracción se introduza no recipiente correspondente: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para o papel e cartón; iglú verde, para o vidro; e contedor xenérico para resto.
Neste sentido, explicóuselles que, debido a que a poboación aínda comete erros, Sogama dispón dunha planta, que opera con tecnoloxía 4.0, para clasificar de forma automática os residuos potencialmente reciclables que chegan na bolsa negra e que deberían ter sido depositados noutros contedores, procedendo Sogama á selección dos mesmos con tecnoloxías de última xeración para contribuír á súa recuperación.
A través de xogos tradicionais guiados por monitores e co apoio das máquinas Arcade, nas que se requiría, ademais de coñecemento, destrezas motoras e reflexos, tiveron a oportunidade de disipar dúbidas, obter información e, sobre todo, acreditar que non hai escusas para non contribuír á reciclaxe.
Saúdos, Departamento de Comunicación