- Educadores desta empresa pública resolveron as dúbidas do alumnado, centradas fundamentalmente no contedor de destino daqueles residuos que están conformados por distintos materiais
Cerceda, 15 de xuño de 2026.- Escolares de primaria do Colexio Rosalía Castro do municipio de Bóveda (Lugo) participaron nunha sesión formativa impartida por monitores de Sogama coa que se pretendía mellorar a contribución da comunidade educativa á reciclaxe.
Aproveitando os últimos días lectivos, e ás portas das vacacións de verán, alumnos e profesores son conscientes da importancia que ten non abandonar os bos hábitos e seguir colaborando na xestión sostible dos residuos mediante a redución da súa produción, o fomento da reutilización dos produtos o maior número de veces posible, alongando así a súa vida útil, e a correcta separación dos refugallos por tipoloxías a fin de depositar cada fracción no contedor axeitado e propiciar así o seu posterior reciclado.
O alumnado mostrouse moi activo durante toda a xornada e realizou múltiples preguntas sobre a clasificación de residuos debido ás dúbidas que algúns produtos, dada a súa composición multimaterial, lles xeraban.
Explicóuselles tamén o labor de Sogama e o cuarto erre achegado por esta empresa pública, que é o da recuperación enerxética da parte non reciclable, evitando que acabe enterrada en vertedoiro e extraendo da mesma a enerxía eléctrica suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.
Igualmente, falouse da compostaxe, tanto industrial como doméstico, da materia orgánica xerada no fogar, converténdoa nun abono natural de alta calidade con aplicacións de gran interese no sector da agricultura e xardinería.
Saúdos, Departamento de Comunicación