- A alianza contempla o desenvolvemento de actuacións conxuntas de formación, divulgación, campañas de comunicación e proxectos de ámbito nacional dirixidos a favorecer a transición cara a un modelo máis circular
Cerceda, 3 de xuño de 2026.- O secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias, Luis Martínez-Sicluna; o director xeral de RE-VISTE, Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP), Juan Ramón Meléndez Agudín; e o seu director de Operacións, Alberto Fernández, subscribiron un acordo marco de colaboración co obxectivo de impulsar a mellora da xestión dos residuos téxtiles e do calzado nos municipios españois.
A través desta alianza, xestada nun contexto definido pola economía circular e o futuro desenvolvemento do réxime de responsabilidade ampliada do produtor para os produtos téxtiles e do calzado, ambas as dúas entidades impulsarán accións conxuntas de formación, divulgación e apoio técnico, así como campañas de comunicación, contemplando igualmente o desenvolvemento de proxectos de ámbito nacional, o intercambio de experiencias e a cooperación en grupos de traballo de interese común.
Unha Comisión Mixta de Coordinación e Seguimento, integrada por representantes da FEMP e de RE-VISTE, será a encargada de realizar o seguimento das actuacións e promover o desenvolvemento de programas específicos mediante as correspondentes adendas.
Durante a firma, os portavoces das dúas organizacións destacaron a importancia de reforzar a cooperación entre os SCRAP e os concellos para facilitar o desenvolvemento de modelos de xestión máis coordinados, eficientes e adaptados ás necesidades dos entes locais.
Fuente e imaxe: RE-VISTE