SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ISWA 2019 recibe preto de medio milleiro de papers procedentes de distintas partes do mundo

Print this pagePrint this page
  • Un Comité Científico e Técnico no que se integran 40 expertos internacionais de recoñecido prestixio, asume agora a ardua tarefa de identificar as propostas de maior interese e que, polo tanto, terán cabida neste evento.
  • Máis da metade dos papers recibidos proceden de países europeos, distribuíndose o resto entre Sudamérica, Asia, África, Norteamérica e Oceanía.
  • O prazo de inscrición para a asistencia a este evento, no que se agarda a participación de 1.500 expertos, xa está aberto, tendo lugar do 7 ao 9 de outubro en Bilbao.
  • ATEGRUS, á súa vez Membro Nacional de ISWA en España, asume a organización do congreso, punto de referencia para o sector dos residuos e para a sostibilidade do noso país no seu conxunto.

Cerceda, a 12 de abril de 2019.- ISWA 2019, Congreso internacional por excelencia no ámbito dos residuos, arranca cun aperitivo inmellorable. A organización recibiu preto de medio milleiro de papers que serán analizados, avaliados e seleccionados por un Comité Científico e Técnico no que se integran 40 expertos internacionais de recoñecido prestixio e ao que agora lle toca a ardua tarefa de identificar as propostas de maior interese e que, polo tanto, conseguirán facerse un oco na próxima edición. Unha cita que xa alcanza a número 29 e que terá lugar en Bilbao entre os días 7 e 9 de outubro do ano en curso (Pazo de Congresos Euskalduna).

As temáticas abordadas nos papers foron diversas, concentrando maior atención a área de cidades sostibles, se ben as propostas vinculadas ás tecnoloxías de recollida, transporte e tratamento de residuos, ao cambio climático, á innovación social, ás tecnoloxías dixitais e aos residuos plásticos mariños tamén foron numerosas.

“Economía circular. Que estás facendo ti?” Eslogan sobre o que xirará o congreso e ao que os papers recibidos debían dar resposta. O comité intentará buscar un equilibrio entre todas as temáticas referenciadas e  contempladas no programa do congreso, e aportar as cuestións que poidan ter especial relevancia no ámbito da xestión dos residuos, a economía circular, o cambio climático e a eficiencia dos recursos.

Máis da metade dos papers recibidos proceden de países europeos e o resto distribúense entre Sudamérica, Asia, África, Norteamérica e Oceanía. E se atendemos aos países emisores de propostas, España ocupa o primeiro posto no ranking, seguido por Brasil e Estados Unidos respectivamente.

A seis meses da cita en Bilbao, o prazo de inscrición xa está aberto, ofrecendo condicións moi vantaxosas https://iswa2019.org/registration/. Agárdase a asistencia de 1.500 expertos  e visitantes de distintos puntos do mundo.

Ademais de divulgar as últimas novidades do sector, ISWA pretende servir de soporte e cimento para a creación de redes, propiciando o contacto directo con potenciais clientes, así como con responsables políticos, científicos, técnicos e empresarios. Un marco único no que o intercambio de coñecementos e experiencias eríxese nunha prioridade para dinamizar o sector dos residuos e propiciar que este gañe en presenza, en eficiencia  e en innovación.

Menos residuos e máis recursos constitúe o espírito dun evento no que se integra de cheo a economía circular como modelo de desenvolvemento cara ao que necesariamente se deben transitar para preservar os xa escasos e limitados recursos naturais.

A Asociación Técnica Española para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente, ATEGRUS, á súa vez Membro Nacional de ISWA en España, asume a organización deste congreso, punto de referencia para o sector dos residuos e para a sostibilidade do noso país no seu conxunto.

Toda a información en https://iswa2019.org/  

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Abr 2019

Galería