- Organizado por ASEGRE e FEAD, terá lugar en Madrid o próximo 29 de outubro co foco posto no futuro da economía circular, o impulso das materias primas secundarias e os retos da xestión de residuos
Cerceda, 22 de outubro de 2026.- O próximo 29 de outubro celebrarase en Madrid, no Auditorio Mutua Madrileña, o Foro Europeo sobre Economía Circular, que poñerá o foco no futuro da economía circular, o impulso das materias primas secundarias e os retos da xestión de residuos.
Organizado por ASEGRE (Asociación de Empresas Xestoras de Residuos e Recursos Especiais) e FEAD (Federación Europea de Xestores de Residuos e Servizos Ambientais), o evento reunirá a representantes das institucións europeas e españolas, empresas produtoras, xestores de residuos e expertos para analizar o papel estratéxico da xestión dos recursos na transición cara a unha economía circular máis competitiva e sostible.
Nun momento clave para a axenda comunitaria, o foro aborda as principais iniciativas que configurarán o novo marco europeo de economía circular, entre elas a futura Lei Europea de Economía Circular, prevista pola Comisión Europea para finais de 2026, así como as políticas orientadas a impulsar o uso eficiente dos recursos, a reciclaxe, a valorización de residuos e o desenvolvemento de mercados para as materias primas secundarias. Ademais, a xornada analizará os traslados de residuos e os desafíos asociados á xestión dos movementos de residuos no ámbito nacional.
Tras o acto inaugural, abordaranse os pormenores do impulso da demanda en Europa para materiais primas secundarias e produtos circulares , contando para iso con Aurel Ciobanu-Dordea, Director de Economía Circular da DG ENV. Comisión Europea; Monica Harting, de FEAD, e Santiago Oliver. Director de Sustentabilidade e Innovación en Unión de Empresas Siderúrxicas – UNESID
O tratamento de residuos e unidade de mercado en España aglutinará outro dos bloques temáticos coas achegas de Ángel Pablo Montañés, Director Xeneral de Calidade Ambiental do Gobierno de Canarias; Alberto Morán, Conselleiro Técnico da Subdirección Xeral de Residuos; Elisa del Río, Directora da área Técnica da Confederación Empresarial da Comunitat Valenciana; e Xabier Caño, de Asegre.
O financiamento da economía circular, así como os investimentos e modelos de negocio, constituirá outra das áreas cuxo contido será debullado por Helena Viñes, Chair of the EU Platform on Sustainable Finance; Alejandro Dorado. Comisionado para a Economía Circular do MITERD; Daniel Montalvo. Responsable de Economía Circular de Axencia Europea de Medio Ambiente; e Claudia Mensi, Vicepresidenta de FEAD.
Fonte: ASEGRE