SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"O futuro da agricultura pasa pola sostibilidade"

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Esta é a principal conclusión do webinar promovido por SIGFITO e que tivo lugar en días pasados baixo o título “Receitas económicas post-coronavirus: como a agricultura e o medio ambiente sacaríannos da crise?”, orientándose a profesionais do sector agrícola, técnicos de medio ambiente e xornalistas.
  • Durante este encontro, no que participaron expertos de distintas entidades, púxose o foco de atención no papel desempeñado pola agricultura durante a pandemia desencadeada polo COVID-19 e como podería reestruturarse o sector para conseguir unha saída verde da crise.

Cerceda, a 7 de xullo de 2020.- O futuro da agricultura pasa pola sostibilidade. Esta é unha das conclusións do webinar promovido por SIGFITO, e que tivo lugar o pasado 30 de xuño baixo o título “Receitas económicas post-coronavirus: como a agricultura e o medio ambiente sacaríannos da crise?”, dirixíndose a profesionais do sector agrícola, técnicos de medio ambiente e xornalistas.

Durante este encontro, liderado pola directora de SIGFITO, Rocío Pastor, púxose o foco de atención no papel desempeñado pola agricultura durante a pandemia desencadeada polo COVID-19 e como podería reestruturarse o sector para conseguir unha saída verde da crise.

A xuízo de Tomás García Azcárate, subdirector do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía de IEGD-CSIC, non pode existir dicotomía algunha entre economía e ecoloxía, toda vez que a sostibilidade da agricultura debe contemplarse desde o punto de vista económico, social e ambiental. Así mesmo, considera que a pandemia podería visualizarse como unha oportunidade para transformar un modelo centrado nun desenvolvemento cuantitativo noutro cualitativo. Considera fundamental apostar pola recuperación da venda directa de alimentos de proximidade e a responsabilidade na xestión de residuos agrarios.

Pola súa banda, José Carbonell, secretario técnico do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Levante (COIAL), referiuse á importancia da circularidade no sector agrícola, cobrando especial protagonismo a recollida selectiva e a recuperación de residuos orgánicos. Defendeu que  a agricultura sostible irá da man da innovación tecnolóxica e da intelixencia artificial.

Esta visión foi compartida por Carmen Lobo, responsable da Área de Descontaminación de Solos e Xestión de Residuos do instituto madrileño IMIDRA, quen aludiu á necesidade de pasar da economía lineal á circular para xestionar de forma eficiente os refugallos. 

O encontro pechouse coa participación dun mozo agricultor, Antonio Conde, graduado en Enxeñería Agroalimentaria e integrante da Asociación Española Agricultura de Conservación/ Solos Vivos (AEC.SV), quen incidiu na importancia de lograr unha maior trazabilidade do produto, así como de impulsar as canles curtas de distribución e promover prezos xustos. Tamén se referiu á  bioeconomía, resultando imprescindible a agricultura de precisión e o uso da tecnoloxía.

Con esta cita púxose de relevo a resiliencia do sector e o seu papel decisivo na sociedade e na economía. Sen dúbida, a adaptación ao cambio climático e a súa mitigación debe estar na base dunha recuperación eficaz e integral.

Fonte: SIGFITO

Imaxe: Pixabay

7 Xul 2020

Galería