- O novo formato reforza a mobilización cidadá e a toma de datos para avanzar no coñecemento sobre a “basuraleza” en todos os ecosistemas do país
- A primeira campaña de 2026 celebrarase do 30 de maio ao 7 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiendo e abrindo a porta a máis xornadas de acción e mobilización
Cerceda, 22 de maio de 2026.- O abandono de residuos na natureza converteuse nun grave problema ambiental, xa que poden degradar e contaminar os espazos naturais, actuar como vectores na transmisión de patóxenos, modificar os patróns de comportamento da fauna e favorecer a introdución e expansión de especies invasoras, comprometendo o equilibrio ecolóxico dos sistemas e afectando, non só ás poboacións das especies que os integran, senón tamén á saúde humana.
Neste escenario, o Proxecto LIBERA convoca unha nova edición de ‘1m² contra a basuraleza’, que este ano chega cun modelo máis amplo, flexible e aliñado con Europa, pensado para facilitar a participación e aumentar o seu impacto ambiental e social.
Logo de anos organizando convocatorias específicas para ríos, mares, montes ou bosques, en 2026 todas as accións intégranse en dúas grandes campañas unificadas w abertas a calquera tipo de contorna natural. A primeira realizarase do 30 de maio ao 7 de xuño 2026 e, a segunda, do 31 de outubro ao 8 de novembro. Este cambio busca facilitar a participación e medir a diferenza da “basuraleza” antes e despois das vacacións estivais. Cada colectivo, entidade ou persoa poderá actuar alí onde máis o necesite a súa comunidade: nun bosque, unha praia, un río, un encoro ou un tramo de costa.
Outra das grandes novidades é a duración ampliada. Cada convocatoria desenvolverase durante nove días completos, o que permitirá unha planificación máis flexible e aumentará o número de puntos de recollida que poden poñerse en marcha. Desta forma, facilítase que calquera organización poida adaptarse á súa dispoñibilidade e condicións meteorolóxicas.
Cunha mensaxe unificadora máis forte e un calendario ampliado, LIBERA aspira tamén a fortalecer a toma de datos e a ciencia cidadá, invitando a que en cada punto de recollida se realicen caracterizacións de residuos que alimenten o “Barómetro da Basuraleza”, a ferramenta que reúne e analiza a información recompilada nas campañas para coñecer que residuos se abandonan, onde e en que cantidades. Este sistema permite detectar patróns, estudar a evolución do problema e orientar medidas máis eficaces para previr os refugallos en todos os ecosistemas do país.
Como participar na campaña
Todas aquelas persoas, empresas, entidades, administración pública e asociacións interesadas en formar parte desta actividade, poderán facelo a través de 3 modalidades:
• Creando e coordinando un punto de recollida en calquera espazo natural de España ata o 4 de xuño
• Inscribíndose nalgún dos puntos xa creados, que poderán consultarse no seguinte mapa: https://proyectolibera.org/proximos-eventos/
• Difundindo a campaña a través das redes sociais mediante os hashtags #LIBERA1m2, #ProyectoLIBERA e #basuraleza
Ademais, os que participen nas recollidas poderán contribuír de forma activa á ciencia cidadá utilizando a app ‘Basuraleza’, unha ferramenta que permite identificar e rexistrar os residuos retirados, facilitando así a elaboración dun mapa detallado do tipo e cantidade de lixo presente nas contornas naturais. Grazas a esta información, impúlsase a procura de solucións máis eficaces e adaptadas ás características de cada zona.
Fuente e imaxe: SEO/Birdlife