SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Protexer o medio ambiente, esencial para unha vida saudable

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Reducir a contaminación do aire e da auga, promover unha dieta segura e saudable, loitar contra o cambio climático e a destrución de hábitas, así como minimizar a nosa exposición a enfermidades zoonóticas, constitúen algunhas das claves.

Cerceda, a 3 de xuño de 2020.- A Organización Mundial da Saúde (OMS) atribúe o 23% de todas as mortes a un medio ambiente pouco saudable, de aí a necesidade de modificar comportamentos e condutas para vivir mellor.

AIRE, AUGA E DIETA

Segundo a OMS, máis do 90% das mortes relacionadas coa contaminación do aire ocorren en países de baixos e medianos ingresos, pero os de altos ingresos non son inmunes.

Pola súa banda, unha persoa require de 20 a 50 litros de auga limpa cada día, só para beber e para a súa hixiene persoal básica. A contaminación da auga en distintos puntos do mundo pon a aproximadamente 1.800 millóns de persoas en risco de contraer cólera, disentería, febre tifoidea e poliomielitis, entre outras complicacións.

Unha dieta segura e saudable protéxenos contra a desnutrición, reduce o risco de enfermidades e promove a fortaleza do sistema inmune. Sorprendentemente, mentres que aproximadamente 800 millóns de persoas sofren de inseguridade alimentaria, 2.100 millóns de persoas son obesas ou teñen sobrepeso. Isto é unha evidencia de que ter suficientes alimentos e ter alimentos nutritivos son dous desafíos moi distintos.

PESTICIDAS, ENFERMIDADES ZOONÓTICAS E ANTIMICROBIANOS

Ademais de contribuír á contaminación ambiental, o uso de pesticidas para a agricultura intensiva pode ser un grave prexuízo para a saúde humana. Nos países en desenvolvemento, 25 millóns de persoas sofren de intoxicación aguda por pesticidas cada ano.

Estamos aumentando a nosa exposición a enfermidades zoonóticas coma o COVID-19. Ao alterar os hábitats naturais da vida silvestre, reducimos as "zonas de amortiguación" e creamos oportunidades para que determinadas enfermedades se propaguen dos animais silvestres ás persoas. A situación vese agravada polo cambio climático e afecta directamente á supervivencia dos microbios, así como por unha maior interconexión global a través das viaxes internacionais.

Desde mediados do século XX, os tratamentos antimicrobianos utilizáronse tanto na medicina humana como na veterinaria. Como consecuencia, os antimicrobianos volvéronse menos efectivos como medicina, tanto na sanidade animal como humana.

Estímase que 60.000 plantas, animais e especies de microbios empréganse polas súas propiedades medicinais, nutricionais e aromáticas. Con todo, como resultado das accións humanas, incluída a sobreexplotación, a destrución de hábitats e o cambio climático, os recursos das plantas silvestres están diminuíndo drásticamente.

O COVID-19 demostrou a interdependencia entre os humanos e o medio ambiente. Somos só una dos 8 millóns de especies que se estima hai no planeta. Isto quere dicir que constituímos unha pequena parte dunha intrincada e delicada rede de vida. Cando unha parte desa rede vese afectada, altérase o equilibrio de todo o sistema.

Fonte: ONU

Imaxe: Pixabay

3 Xuñ 2020

Galería