- Con esta iniciativa, a Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio pon o foco nos envases de pequeno tamaño, que tamén suman de cara á reciclaxe se se depositan no contedor amarelo
- Lembra que o aluminio é 100% reciclable, coa particularidade de que permite aforrar ata un 95% da enerxía necesaria para producir aluminio primario, reducindo drasticamente as emisións
- Asegura que o 75% de todo o aluminio producido ata a data segue en uso grazas á reciclaxe
Cerceda, 24 de setembro de 2026.- ARPAL, a Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio, vén de lanzar unha nova campaña de sensibilización cidadá que, baixo o lema “Reciclando o pequeno conseguimos algo grande”, pon o foco nos envases de pequeno tamaño, e aparentemente insignificantes, como son, entre moitos outros, os tapóns, bolsas de comida, tapas de yogurt e latas de cosmética, pero que tamén suman de cara á reciclaxe se se depositan no contedor amarelo.
A organización lembra que o aluminio é un material é 100% reciclable e que non perde propiedades nin calidade durante o proceso de transformación, coa particularidade de que permite aforrar ata un 95% da enerxía necesaria para producir aluminio primario, á vez que reduce drasticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro e o uso dos recursos naturais (bauxita). Asegura que o 75% de todo o aluminio producido ata a data segue en uso grazas á reciclaxe.
Segundo datos de Ecoembes, a taxa de reciclaxe de envases domésticos de aluminio aumentou 6,3 puntos respecto de 2024 e supera o obxectivo do 50% establecido no Real Decreto de envases.
En 2025, España reciclou un total de 86.998 toneladas de envases domésticos de aluminio, o que representa unha taxa de reciclaxe do 57% sobre as 153.880 toneladas adheridas a Ecoembes. Esta cifra, que supón un avance significativo respecto do ano anterior, cando a taxa de reciclaxe foi do 50,7%, confirma a evolución positiva da reciclaxe deste material no noso país.
Máis información en www.aluminio.org
Fonte e Imaxe: ARPAL