SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A SENC anima a comprar produtos de proximidade en mercados de abastos e comercios de barrio

Print this pagePrint this pagePrint this page
  •  A Sociedade Española de Nutrición Comunitaria apela ao apoio cidadán para axudar a que non desaparezan moitos pequenos comercios, mercados de proximidade, negocios familiares ou iniciativas vinculadas ao sector primario do noso pobo, cidade ou comunidade autónoma.
  • Con tal fin, elaborou  un documento con suxestións para realizar unha compra saudable e comprometida.

Cerceda, a 20 de maio de 2020.- A pandemia do Covid-19 está castigando a moitos sectores económicos, sendo os comercios de barrio e os mercados de abastos algúns dos máis afectados.

Neste marco, a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) elaborou un documento con suxestións para unha compra saudable e comprometida. O obxectivo é sensibilizar e orientar aos cidadáns para que prioricen a adquisición de produtos e servizos en mercados municipais e en tendas de barrio ou establecementos que inclúan na súa oferta artigos locais ou de proximidade.

Para a SENC, o apoio cidadán resulta clave para axudar a que non desaparezan moitos pequenos comercios, mercados de proximidade, negocios familiares ou iniciativas vinculadas ao sector primario do noso pobo, cidade ou comunidade autónoma.  De aí que esta organización poña o foco de atención na importancia da “solidariedade colaborativa”.

Neste marco, proporciona unha serie de suxestións para unha compra saudable e comprometida:

1. Deseñar e consensuar un menú diario ou semanal que satisfaga as preferencias alimentarias e, en boa medida, configurado dentro das recomendacións para unha alimentación saudable e sostible.

2.- Elaborar a lista da compra e planificar os puntos de adquisición.

3.- Priorizar os alimentos frescos sobre os produtos procesados.

4.- Dar preferencia aos produtos de proximidade e de tempada.

5.- Realizar como primeira opción as compras dos alimentos nos mercados próximos ás nosas vivendas, nas tendas de barrio ou naqueles establecementos que teñan unha sección de artigos locais.

6.- Informarse da posibilidade de comprar algúns produtos directamente do produtor, agricultor ou gandeiro.

7.- Os mercados semanais ou singulares de produtos artesanos e de proximidade son un aliciente cultural, gastronómico e de apoio ao sector rural.

8.- Valorar a posibilidade de obter algúns alimentos do noso interese na horta, terraza ou balcón. Pode ser tamén un elemento educativo para os máis pequenos.

9.- Sempre que sexa posible, elixir produtos de calidade e, en calquera caso, evitar aqueles de escaso valor nutricional.

10.- Ser solidario con quen máis o necesita. Axudar na propia familia, contorna ou barrio a aquelas persoas que necesitan axuda alimentaria ou persoal.

11.- As persoas maiores ou con necesidades especiais deben ser a nosa prioridade a partir de accións de asesoramento, acompañamiento ou axuda alimentaria, incluída a cesta da compra.

Fonte e imaxe: SENC

 

20 Mai 2020

Galería