Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama entrega dous composteiros ao centro penitenciario de Bonxe (Lugo)

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Con capacidade para 400 litros cada un, están fabricados con materiais reciclados e reciclables.
  • Restos alimentarios e vexetais serán os refugallos que acollerán estes recipientes co fin de que os internos elaboren un compost de alta calidade que nutrirá a terra da horta do centro que está ao coidado dalgúns deles.
  • Os que participan nos talleres ocupacionais visitaron en diversas ocasións o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) a fin de coñecer a actividade industrial desenvolvida no mesmo e poder así ampliar a súa bagaxe medioambiental.

Cerceda, a 22 de outubro de 2019.-  Sogama entregou recentemente ao centro penintenciario de Bonxe (Outeiro de Rei-Lugo) dous composteiros de 400 litros de capacidade cada un, e fabricados con materiais reciclados e reciclables, a fin de que os internos poidan participar activamente na autocompostaxe da materia orgánica xerada, é dicir, os restos de alimentos procedentes do servizo de comedor e os restos vexetais do propio invernadoiro que está ao coidado dalgúns deles. O compost obtido regresará á horta para fertilizar, de forma natural, a terra da que se nutren as plantas. Todo un exemplo de economía circular.

Deste xeito, a dirección do penal pretende introducir no seu programa educativo unha nova actividade ecolóxica que reforce as xa impartidas a través dos talleres ocupacionais e que apoie a formación e sensibilización no ámbito ambiental.

Neste sentido, cabe sinalar que Bonxe xa fixo unha firme aposta pola xestión sostible dos residuos ao instalar no recinto contedores específicos, subministrados no seu momento por Institucións Penitenciarias, nos que se recollen de forma selectiva os distintos residuos xerados a fin de propiciar a súa posterior recuperación e reciclado.

Ademais de todo isto, os internos deste centro visitaron en diversas ocasións o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) a fin de coñecer en primeira persoa a actividade industrial desenvolvida no mesmo e ampliar así a súa formación no ámbito da sostibilidade e a loita contra o cambio climático a través das boas prácticas vinculadas á correcta xestión do lixo.

En todo caso, trátase de actividades enmarcadas nun proxecto formativo co que o centro intenta inculcar aos internos valores vinculados á protección da natureza, facendo especial fincapé na empatía, a solidariedade, a responsabilidade e a boa convivencia. Valores  absolutamente necesarios no proceso de reinserción social.

* Foto aportada polo centro penitenciario de Bonxe

Saúdos, Departamento de Comunicación

22 Out 2019

Galería