SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Un proxecto europeo consegue transformar caixas de cortiza branca en novos envases alimentarios

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Life EPS-SURE culminou con éxito un innovador proceso de reciclado que abre a porta a novos desenvolvementos e senta as bases para a autorización e certificación de grao alimentario para o polistireno  reciclado procedente da caixa de peixe (r-PS) por parte da axencia europea EFSA. 
  • Grazas á posible apertura futura de novos mercados de materiais reciclados con calidade contacto alimentario, o proxecto contribuirá de forma significativa á economía circular, evitando nun futuro que estes residuos acaben en vertedoiro ou sexan abandonados na contorna (littering).

Cerceda, a 11 de agosto de 2020.- Tras tres anos de investigación, o proxecto  Life EPS-SURE culminou con éxito un innovador proceso de reciclado ao transformar as caixas de poliestireno expandido (EPS), coñecidas como cortiza branca, e que se utilizan como envase para almacenar, transportar e presentar produtos frescos tales como o peixe, en novos envases de PS aptos para contacto con alimentos, como o envase de iogur.

As probas realizadas sobre o proceso de tratamento para alcanzar o r-PS mediante un challenge test, utilizando criterios similares aos usados para PET aprobados pola EFSA, demostran a eficiencia da descontaminación para o uso final de lámina na fabricación de envases para produtos lácteos, podéndose usar 100% de material reciclado, r-PS, para ese fin, toda vez que cumpre coa normativa europea de referencia para contacto alimentario.

Así mesmo, os test sensoriais organolépticos foron superados amplamente, non detectándose alteracións debido á posible presenza residual de aminas altamente odorantes que xera o peixe. En consecuencia, queda demostrado que os envases obtidos de r-PS serían, xa que logo, inocuos e seguros para o seu uso en aplicacións de contacto alimentario, ademais de producir un gran beneficio ambiental.

Os procesos das distintas fases foron avaliados coa colaboración do centro tecnolóxico Aimplas e, grazas á posible apertura futura de novos mercados de materiais reciclados con calidade contacto alimentario, Life EPS-SURE contribuirá de forma significativa á economía circular, evitando nun futuro que estes residuos acaben en vertedoiro ou sexan abandonados na contorna (littering).

A viabilidade técnica do proxecto abre a porta a novos desenvolvementos e senta as bases para a autorización e certificación de grao alimentario para o poliestireno  reciclado procedente da caixa de peixe (r-PS) por parte da axencia europea EFSA. 

O consorcio formado polas empresas Cicloplast, Anape, Coexpan, El Corte Inglés e Total Petrochemicals Ibérica presentou o pasado mes de xuño os resultados desta iniciativa nun evento online que contou coa asistencia de representantes europeos de sectores tales como o de administracións públicas, envasadores de grandes marcas, distribuidores do sector comercial, industriais do sector plástico, recicladores e asociacións e confrarías do sector da pesca, entre outros. 

Fonte e imaxe: Gestores de Residuos

11 Ago 2020

Galería