Saúdo do Presidente

A través destas liñas, e como presidente executivo da Sociedade Galega do Medio Ambiente, convídote a navegar polas distintas seccións desta páxina web a fin de que coñezas con máis profundidade e, sobre todo, con máis rigor e transparencia, quen somos, que facemos, como o facemos e para que o facemos.

Saúdo do Presidente

A través destas liñas, e como presidente executivo da Sociedade Galega do Medio Ambiente, convídote a navegar polas distintas seccións desta páxina web a fin de que coñezas con máis profundidade e, sobre todo, con máis rigor e transparencia, quen somos, que facemos, como o facemos e para que o facemos.

Somos unha empresa pública autonómica, participada nun 51% pola Xunta de Galicia e nun 49% por Naturgy, cuxo labor se centra na xestión sostible dos residuos urbanos a través dun sistema que aplica de forma prioritaria a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e que complementa coa recuperación enerxética da parte non reciclable. 

A nosa filosofía empresarial réxese polo máximo aproveitamento e o menor desperdicio, de aí que os esforzos desta compañía se dirixan en todo momento a transformar os residuos en recursos nun marco de economía circular.

Ata chegar aquí, o camiño que Sogama tivo que percorrer non foi doado, pero demostramos a nosa capacidade para responder de forma eficiente aos grandes retos, que se renovan ano tras ano cun único obxectivo: mellorar o medio ambiente galego e, polo tanto, o benestar e calidade de vida de todos os habitantes desta comunidade. Unha comunidade, Galicia, que soubo conxugar, desde o coñecemento, a reflexión, a experiencia e a razón, a prosperidade e o crecemento económico coa protección dunha contorna natural única que, ademais de achegar saúde e benestar, tamén é fonte de riqueza e emprego.

No haber desta compañía figura a súa contribución a unha Galicia sostible que debemos seguir preservando desde a corresponsabilidade; no débito, a súa contribución á sostibilidade das xeracións futuras, un legado para o que seguiremos a traballar sen descanso.

Presidente executivo
Javier Domínguez Lino
 
Breve referencia biográfica

Natural de Pontevedra (1968), Javier Domínguez Lino é Licenciado en Dirección e Administración de Empresas e Máster en Xestión de Patrimonios. A súa traxectoria profesional comezou no mundo da Banca, sector no que ocupou diferentes cargos. En 2009 dou o salto á entidade pública Xestur Pontevedra, asumindo a función de Xerente e, catro anos máis tarde, pasou a desempeñar o cargo de Coordinador da Zona Sur de Xestur Galicia, S.A, Sociedade encargada de xestionar o solo na comunidade galega. 

En febreiro de 2015 foi nomeado Presidente Executivo de Sogama, cargo que desempeña actualmente.

Preferencias de cookies