Cero escusas

A Galicia que queres comeza en ti

Separa mellor e contribúe a coidar do teu

Só envases
Resto
Orgánico
Papel e cartón
Vidro
  • Amarelo

    Envases de plástico, latas e briks.

    Só envases, nada de xoguetes nin outros obxectos de plástico. Esmaga as botellas para que ocupen menos.

  • Vidro

    Botellas e tarros de vidro, sen tapóns nin tapas.

    O vidro recíclase unha e outra vez sen estragarse.

  • Aceite

    O aceite de cociña usado non se pode tirar polo desaugadoiro.

    Bótao no seu colector ou no punto limpo para convertelo en xabón ou pinturas.

  • Orgánico

    Restos de comida, cascas e sobras naturais.

    De aquí sae o compost, un abono natural para a terra que fai medrar as plantas fortes e sans.

  • Papel e cartón

    Aquí van caixas, folios, cadernos e xornais.

    Preferiblemente limpos e sen restos de comida. Reciclar papel axuda a coidar as árbores.

  • Voluminosos

    Son os obxectos moi grandes que non caben nos contedores:

    mobles, colchóns, sofás ou alfombras. Infórmate no teu concello sobre a súa recollida.

  • Resto

    O que non se pode reciclar.

    Canto menos usemos este contedor, mellor o estaremos a facer.

  • Punto Limpo

    Pilas, tóners, discos, pequenos aparellos eléctricos…

    Non van aos contedores normais. Son residuos especiais e por iso necesitan un lugar especial.

  • Separar ben contribúe a mellorar a nosa contorna.

Esta é a lista das ESCUSAS máis habituais.
  • Escusa 01

    É que na miña cociña xa non cabe outro caldeiro. 

    Substitúe os caldeiros por bolsas, que ocupan menos espazo.

  • Escusa 02

    É que despois no camión mesturan todo o lixo. 

    Os camións teñen compartimentos diferenciados para cada residuo. 

  • Escusa 03

    É que non sei onde vai cada cousa. 

    Consulta a nosa guía de separación ondevai.sogama.gal É máis sinxelo do que pensas.

  • Escusa 04

    É que os contedores están sempre cheos. 

    Hai moitos contedores nos concellos. Seguramente teñas algún baleiro a poucos minutos do teu domicilio.

  • Escusa 05

    É que os contedores me quedan moi lonxe. 

    Os contedores están máis preto do que pensamos. Moitas veces camiñamos máis para tomar un café ou ir de compras.

  • Escusa 06

    É que xa teñen máquinas para separar o lixo. 

    Os residuos mesturados contamínanse entre si, dificultando o seu reciclado. 

  • Escusa 07

    É que no meu portal ninguén máis recicla. 

    Somos moitas máis as persoas concienciadas co medioambiente. Forma parte da maioría. 

  • Escusa 08

    É que eu non recibo nada a cambio. 

    Contribuír a ter unha contorna limpa e saudable é a mellor recompensa.

  • Escusa 09

    É que vivo só e non xero tanto lixo. 

    Cada pequeno xesto suma. Os teus residuos, aínda que sexan poucos, tamén contan. 

  • Escusa 10

    É que cheira mal se o gardo. 

    Pecha ben as bolsas e deposita nos contedores correspondentes os residuos orgánicos e resto con máis frecuencia. O papel/cartón, vidro e envases lixeiros pódense gardar varios días sen risco de cheiros.

  • Escusa 11

    É que algúns envases son moi pequenos e non compensa. 

    Cada envase reciclado aforra enerxía e recursos naturais. Todo suma. 

  • Escusa 12

    É que escoitei moitas veces que é todo mentira. 

    A reciclaxe é real e verificable. Infórmate de fontes fiables. 

  • Escusa 13

    É que non teño tempo. 

    Separar leva menos dun minuto. Perdes máis tempo poñendo escusas.

  • Escusa 14

    É que seguro que hai alguén que os pode aproveitar.

    Non deixes mobles na rúa. Infórmate no teu concello sobre a recollida de voluminosos.

  • Escusa 15

    É que seguro que hai alguén que os pode arranxar.

    Non deixes electrodomésticos na rúa. Cando mercas un novo, mesmo online, a tenda ten a obriga de recollerche o vello.

  • Escusa 16

    É que as pilas son tan pequenas que non pasa nada.

    As pilas conteñen metais tóxicos que contaminan o solo e a auga que bebes. 

  • Escusa 17

    É que como cociño pouco, o aceite pode ir polo vertedoiro.

    Un só litro de aceite pode contaminar mil de litros de auga. Mellor lévao ao colector de aceite usado.

  • Escusa 18

    É que pode servirme de reposto, é mellor gardalo.

    Nunca vas volver usar o teu móbil vello. Lévao ao punto limpo.

  • Escusa 19

    É que non vou reciclar para que outros gañen cartos.

    Xestionar os residuos separados en orixe dun xeito correcto aforra custos. 

É que na miña cociña xa non cabe outro caldeiro. 

É que despois no camión mesturan todo o lixo. 

É que non sei onde vai cada cousa. 

É que os contedores están sempre cheos. 

É que os contedores me quedan moi lonxe. 

É que xa teñen máquinas para separar o lixo. 

É que no meu portal ninguén máis recicla. 

É que eu non recibo nada a cambio. 

É que vivo só e non xero tanto lixo. 

É que cheira mal se o gardo. 

É que algúns envases son moi pequenos e non compensa. 

É que escoitei moitas veces que é todo mentira. 

É que non teño tempo. 

É que seguro que hai alguén que os pode aproveitar.

É que seguro que hai alguén que os pode arranxar.

É que as pilas son tan pequenas que non pasa nada.

É que como cociño pouco, o aceite pode ir polo vertedoiro.

É que pode servirme de reposto, é mellor gardalo.

É que non vou reciclar para que outros gañen cartos.