
- As candidaturas deben estar deseñadas, desenvolvidas ou fabricadas en Europa, e contribuír á sostibilidade e a economía circular
- Así mesmo, os produtos deben incluir, alomenos, un 50 % de contido reciclado
- O 5 de decembro de 2025 é a data límite para a presentación de propostas
Cerceda, 22 de setembro de 2025.- Xa está aberta a convocatoria para os Premios Europeos de Reciclaxe de Plásticos 2026, aos que poderán presentar a súa candidatura axentes de toda a cadea de valor da reciclaxe deste material en Europa e mostrar os seus logros na promoción do uso circular dos plásticos.
Convídase a participar a marcas, minoristas, deseñadores, fabricantes, produtores de maquinaria de envasado e reciclaxe, así como de materias primas e de produtos de plástico reciclado, sendo a data límite para a presentación de propostas o 5 de decembro de 2025.
Os gañadores daranse a coñecer no marco da Plastics Recycling Show Europe 2026, que terá lugar no RAI de Ámsterdam os días 5 e 6 de maio de 2026.
As sete categorías de premios son as seguintes:
• Embaixador da reciclaxe de plásticos
• Produtos automobilísticos, eléctricos ou electrónicos
• Produtos para a construción
• Produtos para o fogar e o lecer
• Produtos de embalaxe de plástico
• Innovación tecnolóxica en produtos
• Innovación en maquinaria de reciclaxe
Os Plastics Recycling Awards Europe están promovidos conxuntamente por Plastics Recyclers Europe e Crain Communications, organizadores á súa vez de PRS Europe. As candidaturas elixibles deben estar deseñadas, desenvolvidas ou fabricadas en Europa, e os produtos deben incluir, alomenos, un 50 % de contido reciclado, coa particularidade de que todas as candidaturas deben contribuír á sostbilidade e á economía circular.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional