- Celebrarase, ao igual que en anos anteriores, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Edificio CINC) durante tres días: 30 de setembro, así coma 1 e 2 de outubro
- Ademais de contar con relatores de alto nivel e mesas de debate a cargo de expertos de primeira liña, propiciarase o contacto entre profesionais a través de distintas actividades de networking
- O obxectivo é fomentar o intercambio de experiencias, proxectos e solucións innovadoras, promovendo ao mesmo tempo unha reflexión conxunta sobre o papel das enerxías renovables na transición enerxética e no actual escenario xeopolítico
Cerceda, 27 de abril de 2026.- O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) atópase traballando na organización da que será a terceira edición dos “Energy Days” 2026, unha cita imprescindible para o sector enerxético nacional, que terá lugar, un ano máis, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Edificio CINC) durante tres días: 30 de setembro, así coma 1 e 2 de outubro.
Nesta ocasión, o programa do evento porá o foco na eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a dixitalización, aplicada tanto á industria como ás cidades e edificios, e nutrirase con relatorios de alto nivel e mesas de debate a cargo de expertos de primeira liña na materia.
Así mesmo, contará cunha zona de exposicións e networking para favorecer o contacto entre profesionais e, en consecuencia, o intercambio de coñecementos, proxectos, experiencias e solucións innovadoras, propiciando tamén a necesaria reflexión sobre o papel que poden desempeñar as enerxías renovables na transición enerxética e no actual contexto xeopolítico.
Neste sentido, Cluergal encargarase de xestionar distintas actividades (cafés, xantares, ceas, presentacións e mesmo entregas de premios) para impulsar o diálogo e a xeración de sinerxías entre os asistentes, mantendo aos Energy Days, un ano máis, no foro de referencia para o sector.
Toda a información en www.energydays.es
Contacto: Oriol Sarmiento Díez, xerente de Cluergal - oriolsarmiento@cluergal.org. Móbil: 619 464 099
Fuente e imaxe: Cluergal