- O obxectivo desta campaña é recompilar e analizar os residuos abandonados nas zonas costeiras e mariñas do país
- Na edición de 2024, grazas á participación de case 5.000 voluntarias, retiráronse 2,8 toneladas de lixo das costas, e identificáronse e clasificáronse máis de 100.000 residuos, sendo as cabichas, pequenos fragmentos de plástico, tapóns e latas os máis frecuentes
Cerceda, 18 de setembro de 2025.-Coa pretensión de coñecer mellor o impacto dos residuos nos ecosistemas mariños, o Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, convoca unha nova edición da súa campaña ‘1m2 polas praias e os mares’. Trátase dunha mobilización cidadá que busca, non só liberar de residuos estes espazos naturais, senón tamén recompilar información útil para expor solucións sostibles á problemática que estes representan.
As accións de recollida desenvolveranse entre o 20 de setembro e o 5 de outubro en máis de 330 puntos do litoral español. Durante estes días, persoas voluntarias de diferentes colectivos, entidades e asociacións participarán nas accións organizadas en distintas localizacións da costa, así como en áreas submariñas, recollendi e clasificando os refugallos atopados. Esta actividade de ciencia cidadá ten como obxectivo xerar conciencia e fomentar un cambio nos patróns actuais de produción, consumo e xestión de residuos.
A novena edición de ‘1m2 polas praias e os mares’ contará coa participación de organizacións colaboradoras como Oceánidas ou Mater, ademais doutros colectivos (Cruz Vermella Española, Asociación Home e Territorio, Asociación Terramare, ADESP, etc).
Como en anos anteriores, utilizarase a aplicación “Basuraleza”, desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e Paisaxe Limpo, para clasificar os residuos recollidos. Os datos obtidos integraranse no “Barómetro da Basuraleza” do Proxecto LIBERA, que xa rexistrou máis de 1,5 millóns de residuos desde 2017, e compartiranse co MITECO.
Balance 2024
Na edición de 2024, grazas á participación de case 5.000voluntarios, retiráronse 2,8 toneladas de basuraleza das costas españolas. Máis de 100.000 residuos foron identificados e clasificados, sendo as cabichas, pequenos fragmentos de plástico, tapóns e latas os máis frecuentes.
Fonte: IndustriAmbiente
Imaxe: Freepik