- A provincia da Coruña liderou a achega cidadá, con 16,5 kg/hab, seguida de Pontevedra, con 15,5 kg/hab, Ourense con 14,4 kg/hab, e Lugo, con 14 kg/hab
- Ademais do vidro recollido a través dos contedores, Ecovidrio recuperou a través das plantas de residuos, maioritariamente Sogama, máis de 4.961 toneladas que non foron correctamente separadas en orixe e que puideron reintegrarse así no proceso produtivo
- O pasado mes de agosto, Ecovidrio e a Xunta de Galicia asinaron un acordo de colaboración no que se contemplan unha serie de medidas baseadas na intelixencia artificial para adaptar a recollida de vidro ás singularidades dos concellos, incrementando así a súa achega á reciclaxe e, en consecuencia, os seus ingresos económicos
Cerceda, 21 de abril de 2026.- Segundo datos de Ecovidrio correspondentes a 2025, cada cidadán galego depositou 16,5 kg de envases de vidro no iglú verde, o que equivale a 56 envases por persoa, facendo un total de 420.000 envases ao día e uns 300 cada minuto.
Por provincias, A Coruña, con 16,5 Kg/hab, liderou a achega cidadá á reciclaxe de envases de vidro na comunidade, seguida de Pontevedra (15,5 Kg/hab), Ourense (14,4 Kg/hab) e Lugo (14 Kg/hb). Así mesmo, saliéntase o crecemento nas cidades de Pontevedra (+5,7%) e Lugo (+3,9%), posicionándose ambas as dúas entre as 10 capitais de provincia con máis incremento en España.
Ademais do vidro recollido a través dos contedores, Ecovidrio recuperou de xeito complementario máis de 4.961 toneladas que non foron correctamente separadas en orixe e que puideron recuperarse a través das plantas de Residuos Urbanos presentes en Galicia, como é o caso de Sogama, reintegrándose así no proceso produtivo.
O pasado mes de agosto, Ecovidrio e a Xunta de Galicia asinaron un acordo de colaboración no que se contemplan unha serie de liñas de actuación que teñen como base a intelixencia artificial e a analítica de datos para adaptar a recollida de vidro ás singularidades e necesidades concretas dos concellos galegos, prevendo incrementar nun 11% a recollida deste material próximos tres anos. Desta forma, os entes locais poderán incrementar ata un 30% os seus ingresos pola xestión responsable e separada das fraccións de residuos de vidro.
Beneficios ambientais e intelixencia artificial
Grazas á reciclaxe de vidro en Galicia durante o pasado ano, logrouse:
- Evitar a emisión de máis de 29.000 toneladas de CO2 á atmosfera, o equivalente ás emisións de case 13.500 coches retirados da circulación durante un ano.
- Evitar a extracción de máis de 59.800 toneladas de materias primas, o que equivale a 6 veces o peso de la Torre Eiffel
- Aforrar máis de 35.600 MWh de enerxía, o equivalente a case dous meses de consumo enerxético de todos os hospitais de Galicia
En 2025, Ecovidrio afianzou a súa aposta polos denominados EcoBarrios, a estratexia nacional que ten por obxectivo acelerar o incremento da recollida selectiva de envases de vidro en determinadas zonas do noso país con maior potencial de crecemento.
As avanzadas capacidades tecnolóxicas e o uso da intelixencia artificial permiten realizar análises por barrios para determinar aqueles de todo o país que teñen un maior potencial de crecemento na recollida de residuos de envases de vidro, coa particularidade de que o desenvolvemento tecnolóxico evita desbordamentos nos contedores e propicia o deseño de roteiros de recollida máis eficientes.
Fonte e imaxe: Ecovidrio