- Ao mesmo tempo, esta iniciativa pretende animar á cidadanía a que separe correctamente os residuos en orixe e, desta forma, contribúa a mellorar a calidade do material recuperado
Cerceda, 7 de xullo de 2026.- A Asociación Española de Recicladores Recuperadores de Papel e Cartón (REPACAR) lanzou unha nova campaña de verán "Superheroes silenciosos. Este verán, sé o seu aliado", coa que pretende dar visibilidade ao traballo que realizan as empresas recuperadoras e recicladoras de papel e cartón, ao tempo que quere concienciar á cidadanía sobre a importancia dunha correcta separación destes residuos.
Neste sentido, lembra que, no contedor azul, unicamente deben depositarse residuos de papel e cartón limpos e correctamente separados, evitando a presenza de impropios que dificulten a súa posterior reciclaxe. Xestos sinxelos como encartar as caixas, retirar restos doutros materiais ou evitar mesturar papel e cartón con outros residuos, melloran a calidade do material recuperado e favorecen a súa reutilización como nova materia prima.
Durante os meses estivais, o incremento do consumo, a actividade comercial e turística, e o auxe do comercio electrónico xeran un maior volume de residuos de papel e cartón que deben ser xestionados polo sector. Neste contexto, REPACAR quere poñer o foco nunha actividade que adoita pasar desapercibida, pero que resulta esencial para o funcionamento da economía circular: a recuperación, clasificación e preparación destes materiais para que poidan reincorporarse ao ciclo produtivo.
Detrás de cada caixa, envase ou produto de papel reciclado traballan miles de profesionais encargados de recoller, limpar, clasificar e acondicionar os residuos para convertelos de novo en materia prima e darlles unha segunda vida, contribuíndo a reducir o consumo de recursos naturais e o impacto ambiental.
Con esta iniciativa, REPACAR pretende reforzar o recoñecemento social dun sector estratéxico para a economía circular en España e poñer en valor o papel que desempeñan as empresas recuperadoras na xestión eficiente dos recursos, a redución do impacto ambiental e o impulso cara a un modelo produtivo máis sostible.
Fuente e imaxe: REPACAR