- Cada ano prodúcense e consómense 430 millóns de toneladas de plásticos, dous terzos dos cales se converten rapidamente en residuos e acaban enterrados en vertedoiros, contaminando lagoas, ríos, solos e océanos
- Sen medidas urxentes, esta cifra podería chegar a triplicarse en 2060, escenario que tería consecuencias devastadoras para os ecosistemas e a saúde humana
- UNEP avoga por eliminar o plástico innecesario, redeseñar os produtos para que poidan reutilizarse, transformarse, repararse e reciclarse, optar por alternativas non plásticas e fortalecer os sistemas de xestión de residuos
Cerceda, 23 de abril de 2026.- Tal e como se recolle nun artigo publicado pola UNEP (Programa da ONU para o Medio Ambiente), o plástico está en todas partes (roupa, electrodomésticos, xoguetes, envases de alimentos, dispositivos médicos e un longo etcétera), e, se beb ten moitos usos, a “adicción” da humanidade ao plástico dun só uso ten consecuencias nefastas para o planeta, xa que pode tardar milleiros de anos en degradarse.
Malia isto, séguense a producir e consumir cada ano 430 millóns de toneladas de plásticos, dous terzos dos cales se converten rapidamente en residuos que acaban enterrados en vertedoiros e contaminando lagoas, ríos, solos e océanos. Nacións Unidas asegura que, sen medidas urxentes, esta cifra podería chegar a triplicarse en 2060, con consecuencias devastadoras para os ecosistemas e a saúde humana.
Conscientes do impacto do plástico no cambio climático, a vida silvestre e a economía, os Estados membro da ONU acordaron unha resolución orientada a crear un instrumento xuridicamente vinculante para 2024 co fin de poñer fin á contaminación derivada deste material.
Previo ao cuarto período de sesións do Comité Intergobernamental de Negociación (CIN) sobre o acordo mundial, o PNUMA publicou “Gameplan: É hora de vivir sen contaminación por plásticos”, no que expón o que as persoas poden facer ao respecto: reducir o plástico innecesario, optar pola reutilización en lugar de comprar novos produtos, apoiar as marcas que están a redeseñar o plástico e tratando de minimizar o dun só uso, e pedir aos gobernos que adopten políticas de economía circular e fortalezan os sistemas de xestión de residuos.
Desde a década de 1950, producíronse 9.200 millóns de toneladas de plástico, das cales 7 mil millóns convertéronse en residuos.
Fuente e imaxe: ONU Medio Ambiente