- Expertos na materia explicarán como as organizacións poden adaptarse aos cambios normativos, como poden cumprir coas novas esixencias e como a sostibilidade pode converterse nunha vantaxe competitiva a medio e longo prazo
- A cita terá lugar o próximo 4 de marzo, a partir das 09:15 horas, na aula de Internacionalización, sendo o seu formato presencial e en liña
Cerceda, 2 de marzo de 2026.- O próximo xoves, 4 de marzo, Zona Franca de Vigo acolle unha xornada sobre normativa europea de sostibilidade dirixida a empresas e na que se debullará o marco regulatorio europeo (CSRD, ESRS, Taxonomía e outras iniciativas), detallando as implicacións para a xestión empresarial e a cadea de valor.
Expertos na materia explicarán como as empresas poden adaptarse aos cambios normativos, como poden cumprir coas novas esixencias e como a sostibilidade pode converterse nunha vantaxe competitiva a medio e longo prazo. Así mesmo, farase mención ao enfoque de reporte voluntario recomendado para pemes como ferramenta de preparación progresiva.
Ao longo da sesión, abordaranse temáticas de interese tales coma o impacto na relación con clientes e provedores, novas demandas de información e transparencia, e cambios en procesos internos, así como na xestión da cadea de valor.
O encontro nutrirase cun coloquio protagonizado pola consultora estratéxica en sostibilidade, ICSEM, concretamente pola súa directora, Yolanda Morais, e a especialista en Sostibilidade e ESG, Patricia Quiroga.
A xornada, que ten carácter gratuíto, cun formato presencial e en liña (Zoom), previa inscrición, dará comezo, a partir das 09:15 horas, na aula de Internacionalización de Zona Franca.
Saúdos, Departamento de Comunicación