Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Educadores de Sogama imparten charlas sobre os 3R no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A autocompostaxe  cobrará protagonismo, toda vez que esta empresa pública entregou ao centro un composteiro,  que permitirá á comunidade educativa elaborar abono natural a partir da materia orgánica xerada, que aplicarán posteriormente nas zonas verdes do recinto escolar.
  • Falarase tamén da actividade industrial de Sogama, que leva a cabo unha xestión integral dos residuos priorizando a reciclaxe e valorizando enerxeticamente a fracción non reciclable, así como da necesidade de minorar o desperdicio alimentario e o negativo impacto ambiental da contaminación mariña por plásticos.

Cerceda, a 9 de outubro de 2019.-  Mañá, 10 de outubro, educadores ao servizo de Sogama desprazaranse á localidade de Ribadeo (Lugo) para impartir diversas sesións formativas dirixidas a un total de 165 escolares de Primaria.

A xestión sostible dos residuos urbanos centrará a xornada, abordando cuestións tales como o consumo responsable, o principio europeo dos  tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e a actividade industrial de Sogama, que vela pola reciclaxe dos materiais susceptibles de ser recuperados a través desta vía e a valorización enerxética da fracción non reciclable, producindo, a partir da mesma, electricidade suficiente coa que abastecer ao 12% dos fogares galegos.

A autocompostaxe  cobrará protagonismo, toda vez que Sogama subministrou a este centro un composteiro de 400 litros de capacidade, e fabricado con materiais reciclados e reciclados, para que a comunidade educativa poida elaborar compost a partir dos residuos orgánicos e aplicalo posteriormente nas zonas verdes axardinadas do recinto escolar.

Falarase tamén da necesidade de minorar o desperdicio alimentario, pois no mundo refúgase, ao longo da cadea, un terzo dos alimentos que se producen para o consumo humano, sendo o fogar, cun 42%, o ámbito que máis contribúe a este fenómeno, con graves consecuencias ambientais, económicas, sociais e morais.  

Neste sentido, proporcionaranse as claves para evitar que a comida acabe arroxada ao cubo do lixo: revisar a despensa e a neveira para consumir antes os produtos máis antigos, diferenciar entre data de caducidade e data de consumo responsable, axustar as racións ao número de comensais e aproveitar as sobras para novos menús.

Abordarase igualmente a contaminación mariña por plásticos e o seu impacto sobre os ecosistemas mariños, a fauna, o turismo, a pesca e a propia alimentación humana.

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Out 2019

Galería