- Así llo comunicou ADIF, aludindo a “Obras varias para a renovación integral da infraestrutura e vía tramo Redondela-Vigo Guixar”
- Esta nova incidencia suporá a cancelación de 39 circulacións de trens, o que se traduce en 1.170 contedores (con 20 toneladas de residuos cada un) que a Sociedade, cos seus propios medios, deberá mover por estrada
Cerceda, 7 de abril de 2026.- Logo de diversas incidencias no servizo de ferrocarril durante os últimos meses, ADIF comunicó a Sogama que, desde hoxe, 7 de abril, e ata o próximo 7 de maio, é dicir, durante 1 mes, a circulación ferroviaria entre a terminal de Guixar-Vigo e o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) queda suspendida na súa totalidade como consecuencia de “Obras varias para a renovación integral da infraestrutura e vía tramo Redondela-Vigo Guixar”.
Este novo imprevisto no transporte por ferrocarril suporá para Sogama a cancelación de 39 circulacións de trens, o que se traduce en 1.170 contedores (con 20 toneladas de residuos cada un) que a Sociedade, cos seus propios medios, deberá mover por estrada.
Unha circunstancia que, sen dúbida, volverá a ocasionar trastornos loxísticos, obrigando a esta empresa pública a reformular, unha vez máis, o seu plan de transporte e despregar máis medios por estrada, co conseguinte custo ambiental e económico.
Nun escrito enviado aos concellos, o presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, Javier Domínguez Lino, pide desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar, totalmente allea á vontade de Sogama e á dos entes locais, e agradece de novo a súa colaboración e boa disposición, tal e como se puido constatar en incidencias anteriores destas características.
Saúdos, Departamento de Comunicación