EcoGames

Escolle o teu xogo

Cres que sabes reciclar? Demóstrao.

Cada día decides onde vai cada residuo. Con EcoXogos podes poñer a proba o que sabes sobre contedores, residuos e separación simplemente xogando. Cada partida ensinarache algo novo ou deixará en evidencia o que aínda non sabías.

Acumula puntos, supera fases e convértete na persoa que mellor recicla. E se dubidas, consulta a guía de contedores antes de xogar: o que aprendas aquí serve tamén na túa casa.

Xogos dispoñibles

  • EcoBlitz

    Clasifica contra o reloxo. Aparece un residuo e tes uns segundos para mandalo ao contedor correcto. Así de simple, así de rápido. Ata onde chegarás?

    XOGAR

  • EcoSort

    Non deixes que desborde. Os residuos caen sen parar. A túa misión: arrastralos ao contedor correcto antes de que a morea chegue arriba. Ao principio parece fácil, pero…

    XOGAR

  • Recicla-Match

    O crebacabezas da reciclaxe. Nun taboleiro cheo de residuos mesturados, intercambia pezas para xuntar os que van ao mesmo contedor e sumar puntos antes de quedar sen movementos.

    XOGAR

  • EcoShooter

    Apunta, dispara e recicla. Os residuos cruzan a pantalla e o teu contedor dispara desde abaixo. Afina a puntería: acerta só nos que che tocan e deixa pasar o resto.

    XOGAR

Ver todos os récords

Antes de xogar, repasa.

Que vai ao contedor amarelo? E ao marrón? Consulta a guía de separación e chega á partida con vantaxe.

VER A GUÍA

Tes dúbidas cun residuo concreto?

No noso buscador Onde Vai? atoparás en que contedor ou punto de achega debes depositalo.