Portada

Visitas ao Complexo
Medioambiental de Cerceda

SOGAMA abre as súas portas á cidadanía a través do seu programa de visitas ao Complexo Medioambiental de Cerceda. Dirixido tanto a estudantes como a outros colectivos, este programa ten como obxectivo divulgar o noso modelo de xestión de residuos, fomentar a conciencia ambiental e promover boas prácticas relacionadas coa redución, reutilización, reciclaxe e recuperación

As visitas están adaptadas a cada tipo de público, combinando actividades educativas, dinámicas e inmersivas que permiten coñecer de preto o funcionamento das instalacións e o papel de cada persoa na protección da contorna.

Visitas educativas

Dirixidas a escolares a partir de 9 anos de idade (Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional básica e de grao medio). A través dunha experiencia participativa e interactiva, os estudantes teñen a oportunidade de coñecer o proceso de xestión e tratamento dos residuos, os principios da economía circular e a importancia do consumo responsable. A visita inclúe unha charla adaptada ao nivel educativo do grupo, un vídeo inmersivo 360º, xogos e actividades dinámicas que facilitan a aprendizaxe de forma lúdica.

Visitas sociais e técnicas

Dirixidas a distintos perfís de adultos co fin de fomentar actitudes sostibles ou ampliar o coñecemento sobre a nosa actividade. Trátase de visitas personalizadas que inclúen contidos adaptados ao nivel e intereses de cada colectivo, con dinámicas participativas e tecnoloxía inmersiva, que permiten profundar nos principios da economía circular que rexen o funcionamento do Complexo Medioambiental de Cerceda desde unha perspectiva educativa, técnica ou institucional.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.