A Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, sobre os residuos, modificada pola Directiva 2018/851, constitúe o punto de referencia para o desenvolvemento dunha normativa posterior na que se enmarca a Lei autonómica 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia, que xa avanzaba no seu momento a necesidade de camiñar cara unha auténtica economía circular, expondo a importancia crucial de que o valor dos produtos, os materiais e os recursos perdure na economía durante o maior tempo posible e que se reduza ao mínimo a xeración de residuos, así como a Lei estatal 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
No marco da normativa vixente, os entes locais quedan obrigados a implantar a recollida separada dos biorresiduos de orixe doméstica, debendo adoptar para a súa xestión as medidas oportunas, xa sexa a través da compostaxe doméstica, a compostaxe industrial ou mediante unha combinación de ambos.