Dentro dos residuos municipais, aqueles xerados pola actividade doméstica, comercial e de servizos nos núcleos de poboación, a fracción orgánica é a que maior fluxo e peso achega, representando en torno ao 37% do total.

Nesta fracción inclúense os refugallos orgánicos que se descompoñen de maneira natural e que, mediante un correcto tratamento, poden volver formar parte do ciclo da vida, por exemplo, os restos de alimentos, podas, etc.

A Unión Europea estableceu a obrigatoriedade de que a materia orgánica sexa xestionada de forma independente para incentivar a súa reciclaxe, o cal inclúe a compostaxe (industrial e doméstica) e a dixestión anaerobia. Para conseguir un compost de calidade é necesario que a cidadanía separe correctamente os residuos orgánicos en orixe e que os deposite no contedor marrón e/ou no composteiro.

  • Obter un compost de calidade que se pode utilizar como fertilizante, un abono natural con excelentes propiedades para o solo.
  • Incrementar tanto a cantidade como a calidade dos materiais recuperados mediante a recollida selectiva do resto de fraccións.
  • Poñer en práctica a economía circular, pechando o ciclo de vida dos residuos para convertelos en novos recursos.