
A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia e adscrita actualmente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que se configura como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.

Aprende con Sogama, unha opción para incrementar o coñecemento sobre medio ambiente a través de campañas, programas e recursos educativos, pero dun xeito máis lúdico e entretido.

Plataforma de contratación do Sector Público que permite a consulta de anuncios de licitación, adxudicacións provisionais e definitivas, pregos de contratación, etc...

A xestión sostible dos residuos municipais no territorio galego constitúe o noso principal labor.

Recursos económicos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
As nosas últimas noticias

Somos unha empresa pública comprometida coa sostibilidade, entendida como o equilibrio entre a protección ambiental, o crecemento económico e a cohesión social. Prestamos un servizo público á comunidade galega e facémolo coas máximas garantías e a través de valores tales coma o rigor, o máximo respecto ás normas, a profesionalidade, a solidariedade, a empatía, a ética e a transparencia.
Queremos ser unha entidade de referencia para a cidadanía desde a dimensión ambiental, económica e social.





