- Disto deixouse constancia no curso de formación que Sogama impartiu en Boiro a veciños que participan no programa local de compostaxe doméstica
Cerceda, 16 de novembro de 2026.- Sogama impartiu en Boiro (A Coruña) unha xornada formativa a veciños do municipio interesados en sumarse ao programa local de compostaxe doméstica, cuxo obxectivo é transformar a materia orgánica producida nos fogares nun fertilizante natural de alta calidade para hortas, xardíns e terras de cultivo das familias adscritas a esta iniciativa.
Este curso presencial celebrouse despois de que a empresa pública enviase ao ente local un lote de 40 composteiros, partida que se suma a outras anteriores, facendo un total de 160 os achegados ao Concello co fin de estender a autoxestión da materia orgánica a novas vivendas, dados os seus beneficios ambientais e económicos. A razón é que, dado que esta fracción de residuos representa ao redor do 40% da composición dunha bolsa de lixo doméstico, se se trata no fogar, evítase a súa recollida por parte dos servizos municipais, así coma o seu posterior transporte á correspondente planta de transferencia e tratamento nas instalacións de Sogama en Cerceda, véndose diminuído o importe da factura a pagar a esta empresa pública.
A sesión, que se levou a cabo no Local Social Abanqueiro, arrincou explicando a montaxe do composteiro, que resulta moi sinxela, non precisándose de ferramentas, e explicando aas distintas fases polas que atravesa a fermentación dos restos orgánicos hasta obtener el compost final. Isto permitiu que os asistentes centrasen mellor as súas dúbidas e preguntas, coincidindo moitas en como reducir a presenza de moscas e mosquitos.
Tamén se achegou información sobre a recollida selectiva doutras tipoloxías de residuos, poñendo de relevo que unha boa selección da materia orgánica en orixe, mellora a calidade do resto das fraccións, diminuíndo a porcentaxe de impropios, e, polo tanto, posibilitando un reciclado con maiores garantías.
Saúdos, Departamento de Comunicación