Idiomas

'A alimentación non ten desperdicio' pecha 2021 con máis de 700 empresas adheridas

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Ao longo do pasado ano, o proxecto sumou 55 novas compañías comprometidas coa redución da perda de alimentos que se xera coa súa actividade, o que supón un crecemento do 8% respecto ao exercicio anterior.
  • A taxa de desperdicio alimentario das compañías adscritas a esta iniciativa sitúase actualmente no 0,95% do total comercializado.
  • Desde o lanzamento do proxecto, en 2012, AECOC acompaña ás empresas no deseño e aplicación de estratexias para reducir a cantidade de alimentos refugados e monitoriza os resultados acadados.

Cerceda, a 25 de xaneiro de 2022.- A iniciativa ‘A alimentación non ten desperdicio’, impulsada por AECOC (Asociación de Fabricantes e Consumidores), pechou 2021 con 712 empresas adheridas.

Ao longo do pasado ano, o proxecto sumou 55 novas compañías comprometidas coa redución da perda de alimentos que se xera coa súa actividade, o que supón un crecemento do 8% respecto ao exercicio anterior.

“O constante crecemento da iniciativa mostra o compromiso e o interese das empresas en aplicar estratexias efectivas para evitar o desperdicio alimentario, un problema cun elevado impacto económico, social e ambiental”, explica a directora de comunicación e responsable do proxecto contra o desperdicio alimentario de AECOC, Nuria de  Pedraza.

Desde o lanzamento da iniciativa en 2012, AECOC acompaña ás empresas no deseño e aplicación de estratexias para reducir o desperdicio alimentario e monitoriza os resultados acadados.

Malia as dificultades que supuxo o COVID-19 para as doazóns -pola menor dispoñibilidade de entidades sociais a pleno rendemento e de voluntarios dedicados a recoller e distribuír os alimentos non comercializados-, a taxa de desperdicio alimentario das compañías adscritas a esta iniciativa sitúase actualmente no 0,95% do total comercializado.

CONCIENCIACIÓN SOCIAL

Ademais do traballo coas empresas,  AECOC promove ao longo do ano diferentes iniciativas que teñen como obxectivo concienciar e mobilizar ao conxunto da sociedade sobre a importancia de loitar contra o desperdicio alimentario.

Unha das accións máis destacadas das realizadas en 2021 foi a publicación do libro ‘Estrellas contra el desperdicio’, que aglutina receitas de 30 chefs con Estrela Michelin e coas que se convida a reflexionar sobre o valor dos alimentos. O libro xa alcanzou a súa segunda edición.

Ademais, tamén en 2021 AECOC coordinou a IV Semana contra o Desperdicio Alimentario, que mobilizou a máis de 30 concellos, empresas e  sector hostaleiro para realizar accións de sensibilización social.

Fonte: Compromiso  RSE

25 Xan 2022

Galería